4º Primaria

Coa chegada próxima da semana cultural e relacionándoo co tema anual PAÍSES E CULTURAS, os nenos e nenas de 4º de Primaria, que estamos a traballar de cheo con ITALIA  recibiron a visita dun italiano, concretamente, de Nápoles. Esta persoa viu ao cole ambientándonos con música, xa que trouxo e tocou o acordeón. Ademais, faloulles da comida, do idioma, das tradiccións, das cidades máis importantes, da comida, ...  e resolveulles dúbidas ao alumnado.

Das comidas, falou da pizza (que a súa favorita e a margarita) e recomendou aos nenos e nenas que se van visitar Italia que pregunten sempre alí onde se come ben e barato. Co acordeón fíxolles referencia da música tradicional, tocando así: a tarantela, oh sole mío,....

En canto ao idioma, mencionoulles que aínda que sexamos de diferentes países, comunícamonos, non só co propio idioma, tamén co sorriso, cos xestos, .... E os italianos teñen esta particulariedade de xesticular moito ao falar, ... Ademais disto, que neste país, non só se fala o italiano, senón que tamén hai rexións que dividen o país, no que se falan outros idiomas.

Agradecerlle a el e á familia dun neno de 4º que puido facer posible que recibamos a visita dun italiano de pura cepa e que enganchara aos nenos e nenas coa súa visita.

Premede na imaxe para ver fotos deste encontro.

 

O noso centro está inmerso dentro do plan proxecta ALIMÉNTATE BEN, do cal se inclúe o programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. Por este motivo, e mediante sorteo, tocoulles aos nenos e nenas de 4º de primaria ir visitar o porto, a lonxa e a praza de abastos de Bueu. Foi unha actividade completa, onde lles ensinaron aos nenos distintas embarcacións (por exemplo o bateeiro) e utensilios (como as nasas para pescar, por exemplo, o polbo) que empregan os mariñeiros para coller produtos de mar.

Logo, na lonxa, puideron palpar ourizos de mar e moitos dos nenos e profes probaron este delicioso produto. Máis tarde, ensináronlles como se subastan os produtos que pasan por alí, na que teñen unha etiqueta de identificación. No noso caso, ensináronnos o do polbo ou o choco. A estes produtos pónselles un prezo de custo alto e van baixando ata que algunha persoa autorizada (empresas, restaurantes,...) decide compralo polo custe que estima oportuno. 

Para rematar, asistimos a praza de abastos na que nos ensinaron a variedade de peixes e mariscos que se venden. A verdade é que houbo gran variedade de produtos. (caballa, tiburon rosa, cazón, xarda, navallas e os xa máis coñecidos, linguado, xurelo,...). Nesta mesma estancia, no primeiro andar, os nenos e nenas vestíronse de chefs (cun gorro de cociña e un mandilón de plástico) e puideron degustar ensalada, dunha especie de cachopos na que se lle integraron produtos de mar e dun iogur de vainilla.

Foi un día moi produtivo!

Preme na imaxe para ver as fotos desta saída.

Nestas últimas semanas o alumnado de cuarto estivemos traballando as cartas e as postais. Hoxe puxemos en práctica todo o aprendido: cada un de nós escribiu unha carta , fomos ata a oficina de correos, pagamos o selo e depositamos a carta no buzón. Os funcionarios tamén nos explicaron varias cousiñas como por exemplo qué é un apartado postal, ou algo moi curioso como que todas as cartas teñen que ir a unha oficina que está en Santiago para seleccionalas alí. ..aínda que a carta sexa para Tomiño!!!!....tamén nos falaron da importancia de poñer o código postal.

Saimos moi contentos desta actividade porque aprendemos moito e nos deron un regaliño!!!

Para ver máis imaxes preme na foto

Hoxe alumnos e alumnas de 4º A estivemos traballando o valor da natureza e o respecto deica ela. Aproveitamos este día primaveral para desfrutar da gran riqueza natural do noso patio e de tódolos agasallos  que este nós dá.

Hoxe nenos e nenas de 4ºA estiveron aprenderon sobre os alimentos dunha forma diferente. A clase dividiuse en tres grupos, cada grupo tivo que investigar sobre o tipo de alimentos que lle correspondeu para despois plasmar nun mural os resultados.Para ver as fotos premer na imaxe.

Distribuir contido