Día da muller, 8 de marzo

Hoxe conmemoramos o Día da Muller, cunha serie de actividades de concienciación sobre a relevancia das mulleres en campos recoñecidos, normalmente, como do xénero masculino. Mulleres destacadas en diferentes ámbitos profesionais, acudiron ao noso centro para falarnos das barreiras que tiveron que superar para chegar ata onde hoxe en día se encontran.

O alumnado do 1º e 2º, 3º e 4º, tivo a sorte de contar con Luisa Martínez Lorenzo, científica e autora do libro "Puf! Vaia peido". Falounos dos personaxes de ciencia ficción cun perfil científico, e que habitualmente, son personaxes masculinos.

Os maiores, gozaron da magnífica charla impartida por Mª África González Fernández, directora do Centro de Investigacións Biomédicas e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Ofreceunos información moi relevante sobre avances médicos e contounos infinidade de anécdotas e curiosidades da súa vida, o que a levaron a exercer a súa profesión.

Grazas a estas dúas mulleres, que sen dúbida, son un exemplo de loita por facerse visibles.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para rematar as actividades dedicadas ao Día da Muller, contamos coa presenza de Carla e Loreto, dúas mulleres dedicadas a difundir multitude de actividades e obradoiros para nenos e nenas, que levaron a cabo a través do xogo, una xornada relacionada coa educación en valores de IGUALDADE, “Xincana de tarefas domésticas.

 


 

 


 

Inicio de sesión