MUSEO DE PONTEVEDRA

Venres 19 de outubro de 2018

EXCURSIÓN AO MUSEO DE PONTEVEDRA

O venres 19, 6ºA e 6ºB fomos ao Museo de Pontevedra á exposición da Prehistoria.

Paulo, Iria e Ledicia.

        

 

O outro día fomos ao museo de Pontevedra a aprender sobre a prehistoria. Déronnos un caderno pequeno con exercicios e xogos para facer alí, e tamén moita información sobre o Paleolítico, o Neolítico e a Idade do Bronce. Naquel  museo fomos a 3 salas, pero tiñan moita información.

 

Na primeira sala explicáronos sobre o Paleolítico. Antes de facer nada, vimos un vídeo sobre as tres fases da Prehistoria e logo respondemos unhas preguntas dun caderno que nos deran alí. Naquela sala tamén podías ver moitos vasos, petroglifos, armas e ferramentas feitas con pedras moi curiosas e útiles que utilizaban os homes e as mulleres no paleolítico. Despois resolvemos as preguntas do caderno que nos entregaron. (Os exercicios eran bastante sinxelos que digamos).

 

Logo pasamos á segunda sala que era sobre o Neolítico. Aquela sala era  máis pequena ca outra pero con máis obxectos. A sala estaba dividida en tres partes. Nunha había moitos utensilios que utilizaban os homes e mulleres para facer traballos como agricultura, gandería, pesca…

Na segunda parte había armas e xoias que utilizaban naquela antiga época.

E por ultimo estaba a terceira parte, na que podía verse como os fogares da súa idade ían evolucionando.

 

Na última sala había moitas cousas sobre romanos. Explicáronnos como rematou a prehistoria, ferramentas e máis cousas.

Tamén explicáronnos cousas sobre tesouros daquela época, e vimos o tesouro de Bedoya. Usaban ferramentas de ouro, tamén de bronce, cobre, ferro…

Hai un tipo de Ánfora, a Ánfora de viño onde levaban o viño.

Naquela sala tamén había un lugar aparte no que se encontraban dous cadáveres de mortos: un dun home maior e outro dun neno de dous meses.

As estelas funerarias eran de pedra e tiñan:

-Figuras humanas.

-Unha lúa.

-Arcos.

-Non tiñan cervos.

 

 

Cando rematamos de ver o museo, fomos a un parque moi grande e divertido a merendar.

Despois de xantar xa volvemos ao colexio para que nos recolleran as nosas familias.

 


OS  NEN@SDE SEXTO VISITAN  O  MUSEO DE PONTEVEDRA

Onte, 19 de outubro os rapaces de 6º do colexioCEP Xosé  NeiraVilas  foron ao museo de Pontevedra, para gozar dunha exposición sobre a prehistoria.

 

Esta saída realizouse porque os alumnos de 6º estaban ver na clase sobre este tema.

No museo desprazáronse cunhas monitoras ata a primeira sala. Ao chegar puxéronlles un vídeo sobre a prehistoria, e déronlles unha ficha que tiñan que ir completando coa información que encontraban polas diferentes habitacións. Na primeira sala podías encontrar restos arqueolóxicos do neolítico, paleolítico e a idade dos metais.

Na segunda sala había obxectos que se atoparon en castros como ferramentas, muíños, complementos de ouro, decoración das casas…

 

 

E na última e terceira sala había expostos restos romanos, por exemplo espadas, osos humanos, rochas talladas etc.              

O terminar a visita foron ata un parque cercano a merendar. O rematar de merendar xogaron un pouco e marcharon para o colexio.

Mauro, Noelia e Nerea 6ºB



Inicio de sesión