SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI

POBO SAHARAUI
O cooperante da ONG Solidariedade Galega Co Pobo Saharaui (SOGAPS) Xosé Henrique Porto, achegouse ao colexio para falarnos da vida cotiá dos poboados saharauis e das necesidades que sofren diariamente.
Ademais, deunos a coñecer o Programa Humanitario "Vacacións en Paz", unha iniciativa que conta, desde fai anos, coa colaboración de familias galegas acolledoras de nenos e nenas refuxiados saharauis.
 
Desde o colexio tamén queremos colaborar na axuda aos refuxiados, polo que levaremos a cabo unha carreira solidaria para recadar fondos.
Contamos cos tod@s
 



 

PROXIMAMENTE CARREIRA SOLIDARIA

BUSCA XA OS TEUS PATROCINADORES!

ÁNIMO E... A CORRER!!!

 

NOTA INFORMATIVA 

Estimadas familias:

Atendendo unha petición da ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui” imos realizar unhas carreiras solidarias o martes 5 de xuño, ás 12:35 horas, co fin de recadar unha axuda económica para colaborar no programa “Vacacións en paz”. Dito programa permite que nenos e nenas que viven nos Campamentos de Refuxiados Saharauis (no deserto de Tinduf en Arxelia) veñan no verán a Galicia a casas de familias que os acollen.

A carreira solidaria consiste nunha carreira non competitiva, onde o importante é participar, non chegar primeiro. Vaise celebrar nuns circuítos marcados dentro do recinto escolar (un pequeno para alumnado de 1º, 2º e 3º nivel e outro máis grande para alumnado de 4º, 5º e 6º nivel). Cada alumno participante busca patrocinadores entre os familiares, amigos, veciños… que se comprometen a darlle unha cantidade por cada volta que dea ao circuíto.

A participación é voluntaria. A cantidade por cada volta debe ser pequena, aínda que iso depende da vontade da familia e dos patrocinadores que teña cada nena/o. (A modo indicativo podería ser de 30, 40, 50 céntimos ou 1 euro por volta, sempre en función de que o/a alumno/a non vaia dar moitas).

O alumnado que queira participar ten que devolver autorizado o carné que se xunta. O día da carreira deberán traer a cantidade exacta do seu compromiso persoal. O obxectivo é colaborar, tampouco dar voltas ata rebentar.

 

O profesorado

Fai clic na imaxe de abaixo para acceder á anterior nota informativa e ao carné que terás que cumprimentar.

 

 

 

 

 

 


 

 
 
EXITOSA CARREIRA SOLIDARIA
 
Cantidade recadada
 
956,10 €
 

O noso agradecemento a:

·todos os nenos e nenas do colexio, pola súa participación solidaria na carreira e ás familias e patrocinadores, que farán posible que moitos nenos e nenas dos campamentos de refuxiados saharauis, gocen da súa estancia entre nós.

·ao profesorado implicado na organización da mesma, polo seu esforzo e ilusión por conseguir un bonito obxectivo, manter vivo o programa

“Vacacións en Paz”.

ao cooperante da ONG, Solidariedade Galega co Pobo Saharahui (SOGAPS),  Xosé Henrique Porto Varela, o verdadeiro artífice desta campaña de concienciación co problema dos refuxiados no Sahara Occidental.

CONSEGUÍMOLO

Fai clic nos enlaces en azul para ver a noticia.

Extraída das seguintes fontes

https://valminortv.com

 
 
 

Inicio de sesión