CONTOS CON PEDRO BRANDARIZ
Co gallo do Día das Letras Galegas dedicado este ano 2018 á escritora María Victoria Moreno, o cómico Pedro Brandariz, de man da compañía DINAMOteatro, acudiu ao noso centro para agasallarnos coa súa posta en escena dalgúns contos da escritora como Cataventos, A festa no faiado.
Os nenos e nenas gozaron moito desta actuación.
VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES
Co gallo do día das letras galegas, Hakan Casares, o fillo do escritor Carlos Casares homenaxeado este ano, visitou o noso colexio para achegarnos un pouco máis á vida e obra do seu pai.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos e coñeceron de preto un sinfín de anécdotas e curiosidades do escritor.
PREMIAMOS AOS QUE FALAN MOITO EN GALEGO!!! |
|
Como en cursos anteriores neste mes de maio, profesores e alumnos/as de 6º nivel, saímos ao recreo con moitas ganas de premiar cos "Galepuntos" aos nenos e nenas que se distinguen por falar de xeito habitual galego ou por esforzarse en facelo. Deste xeito cremos que o noso alumnado conciénciase mellor da gran valoración que se fai no noso colexio a falar nesta lingua. Podedes ver algunhas fotos dun día de "reconto de galepuntos" nos que elixen agasallos segundo a maior ou menor cantidade de "galepuntos" que conseguiron.
|
|
|
|
|
|
|
|
que o noso colexio participara nesta campaña do fomento da lingua galega.
Os nenos e nenas e o profesorado, quixo apoiar deste xeito tan orixinal, o uso do galego nos diversos ámbitos e situacións.
Parabéns á Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua por esta marabillosa idea.
Fai clic na imaxe para ver as fotografías do evento.
Se queredes ver máis fotografías, ide á sección
GALERÍAS
Co gallo da celebración deste día, o alumnado de 1º de primaria, realizou esta fermosa homenaxe á nosa terra e ao noso idioma, que queremos compartir con vós. Agardamos que vos guste.
LETRAS GALEGAS 2012 NA COORDINADORA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DO VAL MIÑOR
O colexio participou no II concurso de cartel e lema organizado pola coordinadora de EDL dos colexios dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. O día 25 de maio, ás 8 da tarde, organizouse un festival para entregar os premios aos gañadores. No colexio Neira Vilas resultaron gañadores: Clara Rey Barona de 4º nivel co cartel:Non te cortes, fala galego! e Sara Chamadoira Jordán de 1º nivel co cartel: Meu pai e meu avó ensínanme galego.
Aqui tedes dúas fotos do festival
Os nenos e nenas de 4º nivel tamén participaron na II xornada de xogos populares que se organizou na Coordinadora de EDL do Val Miñor. Esta xornada tamén tivo lugar o día 25, pola mañá, no Campo das Cercas de Gondomar. A mestura do alumnado dos tres concellos para participar en moitos e variados xogos, resultou altamente motivadora e gratificante.
Gozade cunha pequena mostra:
50 ANOS CON NEIRA VILAS
No ano 2011 cumpríronse os 50 anos da publicación do libro do noso padriño "Xosé Neira Vilas" "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"
Con ese motivo o EDL tamen fixo unha exposición dasmoitas portadas e ilustracións que durante tantos anos se fixeron deste libro tan importante para as letras galegas.
SONCHE COUSAS DE MICHIÑO
Neste libro, recompilatorio de adiviñas, refráns, cantigas...participou todo o alumnado do colexio, achegando materiais de diferentes fontes: da súa casa, internet, libros, etc. Tamén participaron nos debuxos que o ilustran.
Agardamos que vos guste!
PARA VISUALIZAR O LIBRO PREME AQUI