ORIENTACIÓNS PARA ESCOLLER OS MELLORES XOGUETES:
¬ Un bo xoguete ten que permitir o xogo e desenvolver a imaxinación.
¬ Os xoguetes deben ser variados porque cada xogo estimula funcións diferentes.
¬ Comprobade que o xoguete está recomendado para a idade dos nenos e das nenas aos quevaidestinado, que lle axudará a manifestar a súa personalidade e que lle permitirá relacionarse.
¬ O xoguete máis sofisticado non sempre é o que máis gustará; a miúdo os máis sinxelos acostuman a ser os máis divertidos.
¬ Non vos deixedes embobar pola publicidade probade os xoguetes antes de adquirirlos e lembrade que o xoguete máis costoso non é sempre o mellor.
¬ Lede ben as etiquetas, as regras e as instruccións e seguide as recomendacións de seguridade.
¬ Os xoguetes son para nenos e nenas por igual: evitade as distincións sexistas ó repartir os xoguetes.
¬ Rechazade tamén os xoguetes bélicos, que disparen obxectos pequenos ó aire ou que fagan ruidos estridentes.
¬ Non lle traigades demasiados xoguetes a un só neno ou nena porque un exceso destrúe a fantasía e produce aburrimento.
¬ Os videoxogos non son xoguetes, son produtos de ocio interactivo; se os regalades estudiade con atención os contidos e a clasificación por idades.
¬ E lembrade… un LIBRO é sempre o mellor agasallo.
Como non vos quero entreter máis, despídome xa con bicos e aloumiños e pedindo, de corazón, para todos e para todas un ano cheo de maxia e de ilusión.
A Fada Madriña