"Rosalímetro" - recitando a Rosalía de Castro

Cada 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes poetisas e novelistas da literatura española do século XIX. Neste día, todo o alumando do Cole organizouse, por ciclos, para  renderlle homenaxe, recitando algúns dos seus poemas na biblioteca.

O alumnado de 2ºA preparamos este bonito "Rosalímetro"

Visita ao Museo do Mar- 1º ciclo

 

O alumnado de 1º e 2º cursos visitamos o Museo do Mar en Vigo. No acuario  observamos distintas especies e tamén nos falaron da importancia do coidado dos nosos mares. Aprendemos a descubrir onde poñen ovos as raias e mesmo cantos dentes teñen as quenllas, entre outras moitas cousas.

 

PULSA NA FOTO

 

 

 

 

3 DECEMBRO-DÍA DAS CAPACIDADES DIFERENTES

 O pasado 2 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3/12) que é a data elixida para facer un chamamento universal co fin de lograr unha sociedade o máis inclusiva e accesible posible e, como cada ano, o noso centro participou das iniciativas propostas do CEE Juan María. Neste caso, xuntámonos máis de 1000 alumnos, segundo nos indicaron, dos centros educativos do Val Miñor. A xornada levouse a cabo co alumnado de primeiro ciclo en Praia América (Nigrán). Foi un día de convivencia, de cometas voadoras, de agradecemento ás persoas que o fixeron posible, de sorrisos e merenda na area, de castelos, de bigotes de chocolate...que rico!, de sol e sal...Foi un día de compartir soños !

 

 

OBRADOIROS 2016- 17

 

NOVOS OBRADOIROS

Neste curso 2016-17 fixemos algúns cambios nos obradoiros de 1º e 2º curso: Seguimos co obradoiro de COCINA, EDUCACIÓN EMOCIONAL E ECOARTÍSTICO(con materiais collidos no bosque ou no patio para facer obras artísticas e tamén con materiais que reciclamos no colexio) e incorporamos un obradoiro de ANIMACIÓN Á LECTURA e outro de BARRO E PLASTILINA.

IREMOS DEIXANDO FOTOS DE TODOS ELES.

Polo momento aquí tedes fotos do "monicreque" que fixemos con barro.

  

 


 

 O nadal tamén está nos

obradoiros de 1º e 2º nivel

Os nenos e nenas fixeron pastas en cociña e unha fermosa candea con motivos de outono en ecoartístico.




 

Inicio de sesión