DÍa de Rosalía de Castro

Cada 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes poetisas e novelistas da literatura española do século XIX.

A súa pegada queda representada no xardín do noso cole cunha  fermosa camelia, a Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L. (especie híbrida) unha árbore memorable agasallo da Fundación Rosalía. Plantada no ano 1968 na honra de Rosalía. 

Os nenos e nenas tamén quixeron renderlle homenaxe, recitando algúns dos seus poemas máis famosos.

Fai clic na imaxe para ver as fotografías do evento

O alumnado de 5º curso tivo a oportunidade de visitar a Casa-Museo da escritora e facer un percorrido polas súas estancias cheas de fotos e obxectos da poetisa, e gozar dos coidados e coloridos xardíns.

 


 

Entroido de cinema!


Chegou o Entroido de cinema ao cole. O noso Meco este ano portarase ben e os seus mandatos diarios serán de alucine. A película do Meco contará con actores secundarios, procedentes de diferentes lugares de Galicia: os Merdeiros de Vigo, as Pantallas de Xinzo de Limia o Tourón de Peitieiros...

Durante esta semana, a festa está asegurada!

Xoves, 16 de febreiro

Mércores, 15 de febreiro

Martes, 14 de febreiro

 Luns, 13 de febreiro

 

 E chegou o gran día!

Nenos, nenas e profesorado, ataviados cos seus bonitos disfraces, participaron no desfile e encheron de música e colorido as rúas de Gondomar.

De volta ao colexio, gozaron dunha magnífica merenda con doces típicos de Entroido elaborados polas familias, que tamén estiveron presentes.

Ao rematar a merendola, comezou o xuízo do Meco, protagonizado polo alumnado de sexto curso, que realizou unha divertida actuación que rematou coa queima deste emblemático personaxe.

Quizais o vindeiro Entroido saia mellor parado...

Fai clic na imaxe para ver vídeo


 

A RAG busca a 'Palabra do Ano' 2022.

 Convidámosvos, dende o CEP Xosé Neira Vilas, a toda a comunidade educativa a votar pola palabra galega máis representativa do ano 2022, actividade proposta pola Real Academia Galega para este ano. O prazo remata o 11 de decembro.

A palabra escollida polos nenos/as para representar ao cole, mediante a votación entre varias palabras foi AGARIMO. O noso trasno Pauliño amósanos as palabras escollidas polas aulas e a que resultou finalmente elixida. 

Animádevos a entrar e participar!

Deixámosvos o enlace para que poidades votar:

 

 http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

 

  

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e participación nesta actividade. 

 

 

MAGOSTO 2022

Pauliño invita a celebrar o Magosto en compañía das familias o venres, 11 de novembro. Haberá xogos populares, merenda, castañas e moitas gaas de pasar un bo rato dándolle á lingua.

Feliz Magosto!!!

 

  

         

  

 

 


 

EDL presenta...

Coa chegada do Samaín chega o primeiro Tíralle da Lingua do curso. Caveiras, calacús, defuntos, candeas... Palabras en Galego para disfrutar do Samaín.

Agradecer ás familias pola gran exposición de calacús que chegaron ao colexio coa temática do cinema.


 

Benvidas e benvidos a un novo curso escolar de alucine!!!

Para comezar o curso con moita maxia, queremos compartir este vídeo, no que coñeceredes a fascinante historia do nacemento do galego, a nosa lingua guapa!

MURAL CEP XOSÉ NEIRA VILAS

O 20 de xuño despedimos aos/ás artistas da Fundación Igual Arte que viñeron a facernos o mural con moita da súa esencia.

Acto de clausura: Tíralle da Lingua

O mércores 15 de xuño clausuramos a actividade de Tíralle da Lingua. Foi moito o alumnado participante levando agasallo, os nenos e nenas que máis tiraron da Lingua Galega, un total de 85 que recibiron pegatina e bolsa.

Inicio de sesión