Este xoves, 14 de marzo demos por concluído o entroido co acto final: QUEIMA DO MECO. O alumnado de 6º redactou e deu lectura o testamento do Meco. Un testamento con moita inxenuidade e humor. PARABÉNS NENAS E NENOS DE 6º!
Á espera de recompilar máis fotos desta divertida xornada de entroido (venres, 1 de marzo de 2019) deixamos un pequeno aperitivo de fotos. Este ano o tema central foi "O UNIVERSO" . Como vén sendo habitual coincide co tema central do proxecto da biblioteca.
Nos días previos ao venres, 1 de marzo celebración do desfile de entroido no centro, O FELIPIÑO a través de versos rimados, informábanos dos mandados que cada día debiamos traer.
Nesta pequena reportaxe fotográfica podemos ver o enxeño e a orixinalidade das familias e do alumnado á hora de levar a práctica este cometido. PARABÉNS!!!!
Unha vez feito o desfile dos disfraces dos distintos cursos, realizouse a lectura do testamento do Meco. O alumnado de 6º acusouno de ser un ser maléfico e foi castigado coa fogueira.
Logo, para rematar de celebrar a festa, o alumnado de 5º e 6º realizaron bailes. Para finalizar demos boa conta das ricas sobremesas de entroido enviadas polas familias.
MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!!!!
O alumnado tivo que seguir os mandados do Meco durante a semana anterior ao entroido. E cal foi a clase máis marchosa???? Pois si...as nenas e os nenos de 2º aos que a súa profe Carla animaba día tras día. PARABÉNS SEGUNDO!
E xa chegou o gran día: DESFILE DE ENTROIDO! O tema común foi a cociña (proxecto anual da biblioteca). Os disfraces: señor e señora pataca (infantil), galletas Chipies Ahoy(1º), iogures (2º), cociñeiras/os (3º), ratos/as e queixos (4º), cupcakes e reposteiros(5º) e ovos fritidos (6º). A continuación, degustamos as saborosas sobremesas aportadas polas familias. MOITAS GRAZAS!!!
Este ano o mar foi a temática en torno a cal xiraron os disfraces do entroido: polbos, cangrexos, pescadores, medusas,...déronse cita no desfile que tivo lugar no pavillón. Logo, tivemos como todos os anos, a degustación de sobremesas típicas da época. AGRADECER AS FAMILIA QUE COLABORARON TANTO APORTANDO DOCES COMO ACOMPAÑÁNDONOS NESTA CHUVIOSA MAÑA. Hai máis fotos na galería!!!!
Xa estamos na gran semana. o Entroido xa peta á porta e nós deixámolo pasar lucindo unhas fermosas contrasinais. Día tras día, pintamos a cara, facemos peiteados, poñemos a roupa do revés, calzamos botas de auga...ata chegar ao GRAN DESFILE DO VENRES, 13 DE FEBREIRO. Este ano os disfraces van sobre o MAR.
Aquí están os disfraces do entroido 2014. Fan referencia ao Proxecto anual da Biblioteca que trata sobre a ciencia. Queremos gozar vendo a imaxinación posta nos disfraces e tamén queremos agradecer ás familias do 2º ciclo pola realización de estupendas maquetas de inventos e agradecer tamén a todas as familias do alumnado a colaboración na preparación de sobremesas. AS FOTOS ESTÁN NA GALERÍA!