PROCESO DE ADMISIÓN: listaxes provisionais de admitidos para o vindeiro curso

Estimadas familias: pola presente informamos que están expostas no taboleiro de anuncios do centro as diferentes listaxes provisionais de admitidos para o vindeiro curso.

Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas e a formalización da matrícula farase entre o 20 e o 30 de xuño.

A dirección

FORMACIÓN E ASESORAMENTO TECNOLÓXICO POR PARTE DO CONCELLO DE BOIRO

Achegamos convocatoria dunha oferta de formación tecnólóxica para as familias.

Está toda a información no ficheiro que se achega con esta mensaxe.

Un saúdo

A dirección

18 E 19 DE MARZO NON LECTIVOS

Estimadas familias: pola presente informamos que, segundo o establecido no calendario escolar e por acordo con todos os centros de ensino do Concello de Boiro, o 18 e 19 de marzo serán días NON lectivos.

Un saúdo

A dirección 

PROCESO DE ADMISIÓN- VISITA VIRTUAL

Estimadas familias: no seguinte enlace poderedes acceder a 3 vídeos para coñecer o centro e ver as instalacións que tedes á disposición do alumnado.

Enlace aos vídeos

Tede en conta tamén que dispoñemos dos seguintes servizos:

- Transporte escolar

- Comedor xestionado pola Anpa ata as 16:30

- Seccións bilingües con auxiliar de conversa nativa.

- Programa de distribución de froita fresca.

- Variados plans e proxectos didácticos ao longo do ano. 

- Servizo de biblioteca ata as 18:00 (neste momento suspendido polo covid19).

- Diversas actividades extraescolares propostas pola Anpa.

Para calquera consulta, chamade ao centro: 881866691

A dirección

PROCESO DE ADMISIÓN, reserva de praza do 1 ao 22 de marzo

Estimadas familias: o luns, día 1 de marzo, comeza o proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso ca reserva de praza nos centros educativos, cun prazo establecido entre o 1 e o 22 de marzo, os dous incluidos. Para realizar dito trámite tedes tres opcións:

1- Imprimir a solicitude que acompaña esta mensaxe (ou recollela no centro), cubrila e presentala na sectretaría do centro.

2- Crear a solicitude a través da aplicación e presentala no centro.

3- Presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación premendo aquí.

Calquera dúbida podedes chamar ao centro e consultar no 881866691.

Un saúdo

A dirección

 

 

CONCURSO DE ENTROIDO DA ANPA

Xa chega o Entroido e a ANPA de Cespón convídavos a participar nun concurso de disfraces!

Imos remexer nos caixóns e armarios para atopar as mellores galas de choqueiro: vestidos, camisolas, colares, sombreiros…. Que gran oportunidade para contarlle aos rapaces e rapazas como era o noso Entroido de pequen@s! Vestidiñ@s de choqueiros, ben tapados e a facer trasnadas pola aldea adiante, todo por un puñado de orellas , filloas… e moitas risas!

Enviádenos unha foto por whatsapp ao 675 555 390 disfrazados, anters das 10 da noite do domingo 14 de febreiro e, a partir do luns 15 de febreiro, poderedes votar polos vosos disfraces favoritos na páxina de facebook da Anpa. Recordade votar polos que máis vos gusten, os máis ocorrentes, simpáticos,… Valorade principalmente o traballo feito por pais e nen@s para que os premios sexan xustos.

Achegamos cartel con máis información.

Animádevos a participar!!

INFORMACIÓN IMPORTANTE: ATENCIÓN ÁS FAMILIAS OS MARTES POLA TARDE

Estimadas familias: por causa da situación epidemiolóxica actual da nosa comunidade, e das recomendacións da Consellería e Educación, a partir do martes 2 de febreiro (este incluído) e ata novo aviso, suspendemos temporalmente a atención presencial ás familias no horario habitual dos martes, de 17:30 a 18:30. A partir de agora, e mentres persista esta situación, a atención farase a través doutras canles, preferiblemente a telefónica. Podedes igualmente seguir pedindo citas como ata o de agora, a través da axenda do alumnado ou chamando ao centro.

Desculpade as molestias.

A dirección 

COMUNICACIÓN PARA USUARIOS DA LIÑA DE TRANSPORTE Nº 4

Pola presente queremos comunicar aos usuarios da liña de transporte nº 4, que fai a ruta entre Cespón e Landeiras, que, debido aos cambios que se están producindo na xestión do transporte escolar (da consellería de educación a mobilidade) a orde das paradas que se fará a partir do luns, 18 de xaneiro, e que consta de xeito oficial, será a seguinte: 

- Ceip Cespón, Cespón, Ponte da Brea, Amañecida, Amañecida a Recta, Silverio, Tramoio, Lomba, Pontebeluso, Boimazán, Landeiras- 

Cabe dicir que esta é a orde na saída, partindo do centro, sendo a orde inversa para a entrada, partindo de Landeiras.

Achegamos captura de pantalla do documento oficial facilitado por Mobilidade ao centro educativo.

Rogamos que adoptedes as medidas necesarias para adaptar os tempos de recoller ou deixar ao  alumnado nas paradas. Desculpade as molestias.

Para máis información contactar co centro.

A dirección

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN- RESERVA DE PRAZA NO IES A CACHADA PARA O ALUMNADO DE 6º

 Estimadas familias do alumnado de 6º: entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro estrá aberto o prazo para reservar praza no Ies ao que está adscrito este centro, o IES A Cachada.

AS FAMILIAS QUE DECIDAN NON MANDAR AOS FILLOS/AS AO CENTRO ADSCRITO (A CACHADA) DEBERÁN PEDIR PRAZA NO CENTRO ALTERNATIVO ESCOLLIDO A PARTIR DO 1 DE MARZO.

Para facer efectiva a reserva de praza na Cachada enviaremos a través do alumnado un formulario de matrícula que deberedes cumplimentar e entregar no centro antes da data sinalada no parágrafo anterior. 

Tamén poderedes  cumprimentar as solicitudes de reserva a través da aplicación nesta ligazón tendo dúas posibles opcións: 

- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: 

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

 Tamén achegamos as solicitudes, tanto en castelán como en galego

 

 

A dirección

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Estimadas familias: ante o inminente peche perimetral do concello de Boiro, se algunha familia precisa desprazarse dende fóra de dito concello para traer a algún alumno ou alumna ao centro debe solicitar un certificado de matricula na secretaría. Podedes escribir un correo electrónico solicitándoo á dirección do centro: ceip.cespon@edu.xunta.es.

 

A dirección

Distribuir contido