INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE AS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Prazo para presentar solicitudes:  Ata o 21 de xuño de 2024 ( este incluído).

DESTINATARIOS: 

• Fondo solidario de libros de texto do alumnado:  3º, 4º, 5º e 6º EP.

• Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado: 1º e 2º de EP e EE

• Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, aínda que estean no mesmo centro.

3. A persoa solicitante é quen debe recoller o/s vale/s  que lle sexan concedidos.

4. Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa  aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude.  Posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación: 

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (anexo I) e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala). *O alumnado que cursa 6º este ano e promocione á ESO, entregará a solicitude no IES para o que vaia.

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario normalizado (E330B- anexos I e II). Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave365.  Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

DOCUMENTACIÓN a entregar: 

- Anexo I (é a solicitude) debidamente cuberto.

 Todas as solicitudes deben presentar:  copia do libro de familia,  ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar..

Toda a outra documentación  que poida precisarse está indicada nos distintos apartados do formulario (anexo I), no apartado “DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA”.

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar): son as autorizacións de todos os membros da unidade familiar, agás o solicitante.

No primeiro cadro autorízanse as consultas/comprobación dos DNI e certificados de discapacidade e/ou pensión de incapacidade, se é o caso.

 

MÁIS INFORMACIÓN NOS DOCUMENTOS QUE SE ACHEGAN CON ESTA PUBLICACIÓN E NA SEGUINTE DIRECCIÓN

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

 

AdxuntoTamaño
anexo I e II - CEIP DE CESPÓN.pdf3.71 MB
info familias .pdf302.82 KB