2º TALLER DO ESPAZO FAMILIAS: 12 de abril ás 18:00 no Centro Social de Boiro

Anabel Mosquera conduce durante tres xornadas un diálogo cos asistentes onde a voz das familias será a protagonista. Sodes vós os que compartades experiencias, intercambiedes erros e acertos ou expresedes as vosas dúbidas (como establecer límites, como axudar aos nosos nenos/as a manexar a frustración, adiccións, saúde mental,etc.)

Por outra banda introdúcese unha novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar e é que incluimos á rapazada como parte fundamental destas xornadas. Deste xeito, os días 22 de marzo, 12 de abril e 26 de abril programamos actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar: 

  • Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións: Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
  • Xaime Bello (Educacdor e coordinador do Proxecto Turbina): Adolescentes a partir de 13 anos 
  • Alba Pérez (Educadora Social e directora do Proxecto EXERIA): Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos

 

Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace:

 https://espazofamilias.org/reserva/