INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE AS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Prazo para presentar solicitudes:  Ata o 21 de xuño de 2024 ( este incluído).

DESTINATARIOS: 

• Fondo solidario de libros de texto do alumnado:  3º, 4º, 5º e 6º EP.

• Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado: 1º e 2º de EP e EE

• Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, aínda que estean no mesmo centro.

3. A persoa solicitante é quen debe recoller o/s vale/s  que lle sexan concedidos.

4. Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa  aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude.  Posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación: 

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (anexo I) e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala). *O alumnado que cursa 6º este ano e promocione á ESO, entregará a solicitude no IES para o que vaia.

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario normalizado (E330B- anexos I e II). Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave365.  Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

DOCUMENTACIÓN a entregar: 

- Anexo I (é a solicitude) debidamente cuberto.

 Todas as solicitudes deben presentar:  copia do libro de familia,  ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar..

Toda a outra documentación  que poida precisarse está indicada nos distintos apartados do formulario (anexo I), no apartado “DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA”.

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar): son as autorizacións de todos os membros da unidade familiar, agás o solicitante.

No primeiro cadro autorízanse as consultas/comprobación dos DNI e certificados de discapacidade e/ou pensión de incapacidade, se é o caso.

 

MÁIS INFORMACIÓN NOS DOCUMENTOS QUE SE ACHEGAN CON ESTA PUBLICACIÓN E NA SEGUINTE DIRECCIÓN

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

 

CAMPAMENTO CONCILIA DE VERÁN - 2024

Estimadas familias: achegamos información sobre os campamentos concilia do verán no documento que acompaña esta publicación.

Un saúdo

A dirección

NOVO TALLER DE ESPAZO FAMILIAS "ALARMA, SINTO ANSIEDADE"

Estimadas familias: 

Achegamos cartel do próximo taller de Espazo familias e colaboración co Concello de Boiro sobre a temática da ansiedade no alumnado. 

Realizarase o sábado, 27 de abril, no centro social de Boiro ás 11.30.

Máis información en https://espazofamilias.org/index.php/axenda/

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO 24/25. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Estimadas familias:

Pola normativa de protección de datos non podemos publicar a listaxe definitiva de admitidos. Dita lista estará exposta no taboleiro  do centro.

O que si podemos confirmar é que todas as solicitudes obteñen praza na asignación definitiva. 

A dirección

ADMISIÓN ALUMNADO 24/25. RESERVA DE PRAZA: DO 1 AO 20 DE MARZO

Para presentar unha solicitude deberase seguir algunha das opcións descritas a continuación:

1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro e asinala en Sede Electrónica: 

2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. 

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Dispoñedes de máis información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Achégase nesta publicación un documento con indicacións sobre a documentación a presentar, así como o anexo de solicitude.

A dirección

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Ante a próxima apertura do prazo de matrícula do alumnado novo (do 1 ao 20 de marzo) comunicamos que teremos os seguintes días para visitar o centro e así poder coñecer as instalacións e a nosa forma de traballo.

Xornada de portas abertas: 

Martes 20 e 27  de febreiro, de 17:30 a 18:30

Martes 5 de marzo, de 17:30 a 18:30

 

Achegamos un díptico con información do centro.

 

A dirección

2º OBRADOIRO ESPAZO FAMILIAS - BOIRO

Temática: EDUCACIÓN SEXUAL. COMPRENDENDO PARA ACOMPAÑAR.

Realizarase o 31 de xaneiro, ás 18:00 no centro social de Boiro.

Obradoiros paralelos para adultos, adolescentes e nenos (servizo canguraxe 3-7anos con inscrición previa a través do código QR que consta no cartaz).

Achegamos cartaz.

Animádevos e asistide

ADMISIÓN ALUMNADO 24-25: RESERVA DE PRAZA NO iES POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º DE EP

PRAZO: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

ACTOS QUE SE CELEBRARÁN O 25N NO CONCELLO DE BOIRO

SÁBADO, 25 DE NOVEMBRO

  • 11.00h Contacontos pola Igualdade "Somos Iguais" de Raquel Queizás na segunda planta do Centro Social de Boiro.
  • 11.30h "O Lavadoiro" Visualización da película de Lois Patiño onde participarán as mulleres do obradoiro de memoria da Cruz Vermella de Boiro. Salón de Actos Concello de Boiro.
  • 13.00h Lectura do Manifesto 25N. As violencias no ámbito do lecer e a xuventude na praza do Concello ca participación de xóvenes dos centros educativos do Concello de Boiro.

A dirección

 

 

ESPAZO FAMILIAS - CURSPO 2023-2024 - COMPRENDENDO A ADOLESCENCIA

ESPAZO FAMILIAS: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía

A vindeira semana darán comezo as xornadas de EspazoFamilias, organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título

“Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía”

O primeiro faladoiro terá lugar o martes, 21 de novembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas no Centro Social de Boiro. Este obradoiro estará a cargo de Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori, que nos axudará na tarefa de acompañar ás nosas fillas e fillos nos estudos académicos.

Contaremos, ao igual que o curso pasado, con obradoiros para a rapazada.

Máis información na web EspazoFamiliaS https://espazofamilias.org/

Achegamos cartel da xornada.

Animádevos a participar!

Distribuir contido