Novas

CONCELLO DE RIBEIRA: AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS CURSO 2021-2022

02/09/2021 13:44
21/09/2021 14:44

Estimadas familias:

Informamos que dende o día 1 ata o 21 de setembro do 2021 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor destinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados de educación infantil, educación primaria e secundaria para o curso académico 2021-2022 dirixidas a familias do Concello de Ribeira.

Podedes acceder á noticia ao completo a través deste enlace, premendo aquí ou ben a través das seguintes enlaces de descarga:

 Por outra banda, detallamos os requisitos para os posibles beneficiarios  (aos que poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións) :

  • Que a unidade familiar de convivencia estea empadroada no Concello de Ribeira.

  • Convivir cos/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

  • Que os/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula en centros públicos ou concertados, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

  • Ter presentada a solicitude e documentación no prazo e forma legal establecido.

  • Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estean situados no termo municipal de Ribeira.

  • Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 100% do IPREM en termos anuais (7.908,60 euros)

Saúdos, a Dirección

Axudas Material e Fondo Libros | LISTAXE PROVISIONAL

03/07/2021 21:03

Dende hoxe está publicada no portal de entrada do colexio a  LISTAXE PROVISIONAL DA SOLICITUDE ED330B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

ACLARACIÓNS

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.

  2. O alumnado de 1º EP e 2º EP non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)

  3. O reparto de cheques para axuda a material escolar, así como o das Axudas Libros e as existencias novas do Fondo Libros, repartirase en setembro, unha vez feita a adscrición do profesorado (primeiro Claustro do ano académico no que se asigna cada mestra/e a unha titoría)

 

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación.

Actualización: a lista definitiva publicarase nos próximos días, sempre antes do 20 de xullo.

Notas Infomativas da ANPA

A continuación podedes consultar as últimas novas da ANPA a Guía: notas, anuncios, reunións...

 

Últimas novas:

Distribuir contido