Libros de inglés "Activity Book"

15/09/2021 10:19

Bo día!

A continuación deixamos a listaxe de libros de inglés "Activity" por cursos.

En primeiro e segundo non utilizarán libro de inglés. 

Ó carón de cada título está o seu código ISBN para que a libraría o poda identificar.

Terceiro curso:

Macmillan Steps into English 3 Activity Book Pack

ISBN 9781380055859

Cuarto curso:

Bugs World 4 Activity Pack

ISBN 9780230407527

Quinto curso:

Macmillan Steps into English 5 Activity Book Pack

ISBN 9781380056016

Sexto curso:

Bugs World 6 Activity Pack

ISBN 9780230407640

IMPORTANTE. Entrada e saída do centro

08/09/2021

Boa tarde!

Recordar que mañá comezamos o curso escolar. A entrada será ás 9:00 horas e os alumnos/as entrarán ao recinto escolar colocándose na fila asignada ao seu grupo, para ser dirixidos posteriormente a súa aula. 

No tocante á saída, esta levarase a cabo as 14:00 horas da seguinte maneira:

-Primeiro saíran os alumnos de 5º e 6º ó porche para logo ser entregados.

-En segundo lugar, e unha vez repartidos os maiores, irán os de 3º e 4º.

-Por último, sairán ó porche os pequenos de 1º e 2º para ser entregados igualmente.

Dende o centro rogámosvos que sigades esta orde para recollelos:

-Primeiro acercaranse á porta de fora o pai/nai dos alumnos de 5º e 6º. Cando estes sexan entregados, acercaranse os de 3º e 4º e cando estes xa abandonen o recinto, procederán a acercarse á entrada os pais/nais de 1º.

Os alumnos de 5º e 6º que desexen ir sós para casa, deberán esperar á reunión coa titora e entregar firmada a correspondente autorización

Rogámosvos puntualidade.

Un cordial saúdo!

Comezo do curso e reunións

03/09/2021 19:58

Boa tarde a tod@s!

O vindeiro xoves día 9 comezará o curso escolar 2021-2022.

A xornada comezará as 9:00 e rematará as 14:00 para todos os cursos. Rogámosvos que manteñades a distancia interpersoal suficiente e non facer grupos antes ou despois de deixar aos rapaces.

Reunións de principio de curso:

1º e 2º de Primaria (titora Laura): o martes 7 de setembro ás 16:15.

3º e 4º de Primaria (titora Uxía): o martes 7 de setembro ás 16:00.

5º e 6º de Primaria: a súa titora será Noelia pero estamos á espera de que chegue o substituto, polo que a reunión levarase a cabo máis adiante.

Recordamos que só debe acudir un proxenitor, sen nenos/as, ademáis de cumprirse con todas as normas COVID actuais: separación suficiente, máscara...

Sen máis novas, o CEP de Carreira deséxavos un curso cheo de coñecemento e ledícia.

CEP Plurilíngue de Carreira

CONCELLO DE RIBEIRA: AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS CURSO 2021-2022

02/09/2021 13:44
21/09/2021 14:44

Estimadas familias:

Informamos que dende o día 1 ata o 21 de setembro do 2021 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor destinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados de educación infantil, educación primaria e secundaria para o curso académico 2021-2022 dirixidas a familias do Concello de Ribeira.

Podedes acceder á noticia ao completo a través deste enlace, premendo aquí ou ben a través das seguintes enlaces de descarga:

 Por outra banda, detallamos os requisitos para os posibles beneficiarios  (aos que poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións) :

  • Que a unidade familiar de convivencia estea empadroada no Concello de Ribeira.

  • Convivir cos/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

  • Que os/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula en centros públicos ou concertados, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

  • Ter presentada a solicitude e documentación no prazo e forma legal establecido.

  • Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estean situados no termo municipal de Ribeira.

  • Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 100% do IPREM en termos anuais (7.908,60 euros)

Saúdos, a Dirección

Listaxe definitiva fondo libros

13/07/2021 19:22

Publicada a listaxe definitiva do fondo libros.

O xoves día 15 estará aberta a porta do patio de 9:00 a 14:00 para que aqueles/as que queiran velo de maneira presencial ou non o poidan facer mediante a aplicación, o poidan ver no taboleiro de entrada ao colexio.

Un saúdo!

Axudas Material e Fondo Libros | LISTAXE PROVISIONAL

03/07/2021 21:03

Dende hoxe está publicada no portal de entrada do colexio a  LISTAXE PROVISIONAL DA SOLICITUDE ED330B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

ACLARACIÓNS

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.

  2. O alumnado de 1º EP e 2º EP non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)

  3. O reparto de cheques para axuda a material escolar, así como o das Axudas Libros e as existencias novas do Fondo Libros, repartirase en setembro, unha vez feita a adscrición do profesorado (primeiro Claustro do ano académico no que se asigna cada mestra/e a unha titoría)

 

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación.

Actualización: a lista definitiva publicarase nos próximos días, sempre antes do 20 de xullo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html

O PRAZO REMATA O 22 DE XUÑO DE 2021.

O HORTO DO CORNIÑO

Preme para poder ver o vídeo de como creamos o horto do CEPP de Carreira.

O horto do Corniño

APRENDER A SER

APRENDER A SER.

O venres 14 de maio de 2021 o alumnado de 5º e 6º curso vimos de realizar un Programa de adestramento en habilidades de vida para educación primaria.

Este proxecto ven promovido pola asociación Renacer do Concello de Ribeira.