O Cep Altamira ofrece estudos de Ensino Primario a todo o alumnado procedente do C.R.A. Raíña Aragonta e aos novos habitantes do término municipal de Salceda de Caselas. A maior parte do alumnado continúa os seus estudos no I.E.S. Pedrasrubias do mesmo Concello, localizado en Parderrubias.
O alumnado comeza a andadura no centro no 1º nivel de Primaria e remata no 6º nivel , tras cursar os seis niveis de Ensino Primario, coas materias e distribución definidas pola lexislación vixente.
Ademais das aulas de grupo o Cep Altamira ofrece os servicios de aulas específicas co obxectivo de contribuir a un ensino público de calidade: Aula Multisensorial, Aula de Música, Aula de Inglés, Aula TICs - dende os anos 80-, Biblioteca, Dependencias de PT e AL...
Ademáis das pistas e campos exteriores, dispón dun Ximnasio propio e ademais úsanse as instalacións do Pavillón Municipal.
Tamén conta cun equipo especializado en atención á diversidade, incluido no Departamento de Orientación, con orientador, mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e linguaxe.
O Cep sigue presentando ó alumnado unha variada oferta de experiencias artísticas mediante os Obradoiros: Radio, Debuxo técnico, Xardinería, Danza, Plástica, Teatro, Cociña....., para os que dispón de Sala de Audiovisuais e teatro, Cociña, Invernadoiro, Estudio de Radio.....
Ao longo do curso os diferentes grupos de alumnado aprende e disfruta de Viaxes Didácticas Complementarias.
Polas tardes o Cep, a través da ANPA e o Concello ofrece Actividades Extraescolares e a finais de curso o alumnado de 6º nivel realiza unha excursión de varios días de Fin de Primaria.
Tamén polas tardes o Cep Altamira ven ofrecendo a grupos de alumnado programas de mellora en técnicas de estudo, lectoescritura e cálculo.
O Cep Altamira ofrécelle ao alumnado a participación en celebracións tradicionais da cultura galega e arraigadas no centro: O Magosto, O Nadal, O Entroido e as Letras Galegas.