Premendo na seguinte ligazón poderedes consultar a Programación Xeral Anual para o curso 2022-2023, pendente da súa aprobación por Inspección Educativa.
Premendo na seguinteligazónpoderedes acceder ao Plan Dixital do Centro, elaborado baixo a seguinte xustificación legal:
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. - Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-202. - Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaria xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
Tal e como se establece na Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, poñemos á vosa disposición as programacións cos citerios de promoción e titulación xerais actualizados segundo a Lei Orgánica 3/2020 do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación.