Skip to Content

Novas

Dereitos dos nenos

En 1954, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas recomendou a todos os países que destacasen un día no seu calendario para adicalo á promoción dos dereitos dos máis pequenos. Cinco anos máis tarde aprobouse a Declaración dos Derreitos dos Nenos, un 20 de novembro. Por iso, todos os anos, o 20 de novembro celébrase o Día Internacional do Neno.

No noso centro celebramos este día lembrando os dereitos dos nenos acompañados de Mafalda!

Saída de ciclo de EI

23/03/2018 08:50
Europe/Madrid

O alumnado de Educación Infantil faremos unha saída á granxa "O ventoso", para aprender máis sobre os animais da granxa e os alimentos que producen, dando por finalizado o noso proxecto trimestral a nivel de centro sobre este tema.

Esta saída foi aplazada ao 18 de abril, por motivos meteorolóxicos.

saída 6º de EI e 6º de EP

15/03/2018 08:50
Europe/Madrid

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria imos facer unha saída á "casa do mel" para aprender máis sobre as abellas, proxecto que estamos a desenvolver conxuntamente ámbolos dous cursos.

Samaín e Magosto

O 31 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto. Fixemos moitas actividades:

Concurso de debuxos e contos de medo

Concurso de cabazas

Merendas terroríficas (cada clase fixo unha receita e logo desgustámolas todas).

Todos xuntos bailamos o baile dos esqueletos na entrada do colexio.

Ademáis, degustamos dun zume e castañas asadas no patio!

Visita á biblioteca Rego da Balsa de Carballo

O 25 de outubro os alumnos de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria fomos de visita á biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí estaba Lilí Gruyere para recibirnos, cantar, facer xogos e contar historias.

Pero aquí non remata todo! Antes de marchar, Lilí Gruyere agasallounos a cada un de nós cun libro que se titula: "Os Bolechas en Carballo".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut