O 25 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para poder disfrutar do espectáculo de Percusión e Danza do grupo "Dúas".
O 13 de decembro os alumn@s de 3º e 4º de Primaria visitaron o Museo de Belas Artes da Coruña e participaron nun obradoiro titulado “Que queres ser de maior?”. Esta actividade gustoulles moito e pasárono xenial!
O 25 de novembro é o día adicado á loita contra a violencia de xénero. No noso centro conmemoramos este día o 23 de novembro debuxando as palmas da nosas mans e escribindo nelas palabras de amor e cariño. Todos xuntos cantamos a canción “Salir corriendo” de Amaral e despois xuntamos todas a mans debuxadas recreando o noso espazo libre de violencias machistas.