No CEIP Xesús San Luis Romero estamos de celebración, fomos os gañadores do concurso- exposición das Letras Galegas 2018 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, co traballo:
"Victoria Moreno, mestra con alma".
Grazas a toda a comunidade educativa por participar na proposta, grazas á organización do concurso polas palabras tan bonitas que adicaron ao noso traballo e por escollernos como gañadores, valorando o esforzo realizado, e grazas a todas as institucións e personas que adicaron un momentiño do seu tempo a felicitarnos polo logro acadado.
Aquí está o enlace para que poidades consultar a noticia no Portal da Lingua Galega.