Edudixital

     

      Espazo abalar                                   

         Portal educativo                                      

CEIP WFF

 

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

 ceip.wenceslao@edu.xunta.gal

Punto Laranxa contra o acoso escolar

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO CURSO 21/22

Neste apartado informamos da Orde do 28 de outubro de 2021 que regula os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado do centro neste curso 2021/2022, a continuación tedes o enlace a citada Orde:

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

O alumnado non beneficiario da axuda de material escolar e interesado, que cumpra os requisitos da orde anterior, terá que presentar a solicitude no centro educativo, o prazo de presentación de solicitudes é de hoxe 15 de novembro ao 26 de novembro, ambos os dous incluídos.

O formulario co código de procedemento ED330E pódese descargar da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante a chave 365 ou ben a través dos enlaces que se indican a continuación:

ANEXO I da orde do 28 de outubro.

ANEXO II da orde do 28 de outubro.