blogue deadmin

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022 / 2023

Comunícase que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo no CEIP. VIRXE DO ROCÍO (O RESÍO), están admitidas.

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Acaba de sair publicada a nova normativa de admisión de alumnado.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de marzo

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • DNI dos solicitantes
  • DNI, ou libro de familia, no que se acredita a idade do/a neno/a
  • Padrón Municipal conxunto
  • Outra documentación a presentar polos representantes para alegar no baremo.

Artigo 9. Criterios de admisión do alumnado e puntuación

  • 1. Nos centros docentes sostidos con fondos públicos onde non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou de admisión, para determinar a orde de prelación do alumnado, teranse en conta os seguintes criterios:
    • a) Por unha irmá ou un irmán matriculados no centro: oito puntos; polo segundo e seguintes, dous puntos por cada un, co máximo de catorce puntos.
    • b) Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
      1º. Por proximidade do domicilio familiar: se está na área de influencia do centro, oito puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, catro puntos.
      2º. Por proximidade do lugar de traballo: se está na área de influencia do centro, seis puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, tres puntos.
    • c) Por renda per cápita da unidade familiar. A puntuación, por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do exercicio fiscal a que corresponde a renda, será a seguinte:
      1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: tres puntos.
      2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: dous puntos.
      3º. Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: un punto.
      4º. Se é igual ou superior ao IPREM: cero puntos.
    • d) Por persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente tres puntos, con independencia de que traballen ambas.
    • e) Por familia numerosa: de categoría especial, tres puntos; de categoría xeral, dous puntos.
    • f) No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderanlles oito puntos se son dous e dez puntos se son máis de dous.
    • g) No caso de familia monoparental: dous puntos.
    • h) Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a seguir co máximo de catro puntos:
      1º. Alumno/a: catro puntos.
      2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: tres puntos.
      3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: un punto por cada un.
      Así mesmo, terá esta consideración a percepción da pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
    • i) Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
    • j) Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
    • k) Por criterio complementario, consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, que terán que publicar antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión: un punto.
    • l) Polo expediente académico para ensinanzas de bacharelato a puntuación será a seguinte:
      1º. Nota media de sobresaliente: dous puntos.
      2º. Nota media de notable: un punto.
      3º. Por nota media de ben: medio punto.
  • 2. O momento e a forma de alegar e acreditar os criterios de admisión será o que se estableza mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación.
  • 3. En caso de empate na puntuación total resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos criterios de baremo referidos, seguindo a mesma orde do punto 1 deste artigo. De manterse o empate, resolverase por sorteo público na forma que estableza a orde que desenvolva este decreto.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO. ADMISIÓN

Finalizado o proceso de admisión de alumnado en periodo ordinario, procédese á publicación da listaxe de admitidos e non admitidos.

Grazas pola vosa confianza.

4º EI

4º EP

PERCORRE AS NOSAS INSTALACIÓNS, VISITA VIRTUAL

Visita as nosas instalacións ao teu gusto. Nós facemosche a proposta, ti elixes o ritmo, queremos ser a vosa escola. Se premes no espazo poderás visitar a zona da escola elixida cunha visión 360º

SERVIZOS:

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021-2022

 

NO IES ALEXANDRE BÓVEDA

 

 

 

Comunicamos a todas as familias do alumnado de de Educación Primaria que, segundo recolle Orde de 18 de decembro de 2020, o día 11 de xaneiro de 2021 comeza o proceso de admisión de alumnado en centros no universitarios sostidos con fondos públicos.

 

 

 

XESTIÓNS PARA TRAMITAR A MATRÍCULA EN EDUCACIÓN SECUNDARIA (ESO):

 

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro o alumnado de 6ode EP poderá facer a súa reserva de praza no centro de adscrición (no noso caso o IES ALEXANDRE BÓVEDA). O modelo de solicitude se entregará a todo o alumnado de 6o e os interesados/as en facer uso deste dereito deberán cubrila e entrégala na Secretaría do noso colexio, débese solicitar CITA PREVIA.

 

Hai dispoñible unha versión dixital na web da Xunta Procedemento ED550A.  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado 

 

  Quen desexe solicitar a admisión noutro instituto ou centro concertado, deberá facelo entre o 1 e o 20 de marzo no centro que desexen, cubrindo a solicitude de admisión e aportando a documentación correspondente. (Procedemento ED 550B)

 

     

 

25 de santos. DÍA DA NON VIOLENCIA.

 Hoxe, mércores 25 de santos, é un día moi especial. Os organismos internacionais establecen esta data como o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Xorde do movemento feminista latinoamericano (1981),  pola data na que as irmáns Miralba foron asasinadas na República Dominicana. Este movemento tivo tanta forza que no ano 1999  a ONU, estableceu oficialmente esta data  para conmemorar o movemento.

Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.

Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

BENVIDA

Hoxe comeza un atípico curso escolar, geles, termómetros, puntos de desinfección, tapabocas, distancias, viricidas, sinalizacións...Debemos coidar as medidas de seguridade, extremar a nosa responsabilidade para crear as mellores condicións no colexio.

Na escola temos moitas ganas e ilusión de iniciar esta nova aventura.Coa colaboración das familias e con sentido común, comeza o curso 2020/2021. 

 

BENVIDOS!

O día 10 incorpórase 5º EI, 1º, 2º e 3º EP

O día 11 comeza o alumnado do 6º curso de EI, 4º, 5º e 6º EP

O día 14 empezan os máis cativos, o alumnado do 4º curso de EI.

O alumnado accederá ás aulas pola porta correspondiente e coa máscara posta, accederá mantendo a distancia de seguridade e de xeito ordenado.

Os servizos de transporte e comedor funcionarán dende o primeiro día.

 

 

 

FOLGA

Diversas organizacións sindicais convocan unha folga para o día 10 de setembro de 2020 dende as 00.00h ata ás 24.00h.

 

Garántense os servicios mínimos.

 

 

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA EDUCACIÓN INFANTIL, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Acaba de saír publicada a  convocatoria  para as axudas municipais de libros, mateiral escolar e comedora para alumn@s de centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil , Educación Primaria e Secundaria para o curso 2020-2021.

Na nosa escola, ao ter un comedor da Xunta de Galicia, non lle corresponden estas axudas de comedor pero sí para libros e material escolar en educación infantil.

Aquelas  persoas que teñan unha situación socioeconómica comprometida neste tempo poderán presentar os ingresos do primeiro trimestre do ano 2020 para xustificar a situación de desamparo económico.
 
 

 

# Na Casa

 

 

 

PROPOSTAS DE TRABALLO PARA OS VINDEIROS DÍAS

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE O PROCEDEMENTO A LEVAR A CABO NA PANDEMIA DO COV-19

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30557

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020.

PROPOSTA DE TRABALLO PARA OS PRÓXIMOS DÍAS.

A situación actual que estamos a vivir é delicada e sensible. Dende a escola queremos enviarvos o noso apoio.

Pais e fillos debedes falar da situación, dar resposta ás súas dúbidas sobre o virus e as súas consecuencias.

Podemos ver o lado positivo e durante este tempo, poderemos compartir e vivenciar tarefas cotiás. O profesorado considera que neste tempo de confinamento debemos manter rutinas de traballo e aproveitar para acompañar aos nosos fillos no seu proceso de aprendizaxe.

Os mestres ELABORARON DIFERENTES PROPOSTAS DE TRABALLO PARA DESENVOLVER NAS CASAS nos días que dure o confinamento por mor da alerta sanitaria e  poranse en contacto coas familias para enviar as diferentes actividades relacionadas cos contidos curriculares  co obxectivo de reforzar e repasar.

Tal e como indican as instruccións non son actividades avaliables pero dende o claustro de mestres consideramos que son moi importantes para que o alumnado manteña as súas rutinas de traballo.

A nosa proposta é que o alumnado teña un horario establecido, escolla un lugar tranquilo e con boa iluminación. Os tempos non deben ser moi longos, aconsellando 15 minutos de descanso por cada 45 minutos de traballo. Se o voso fill@ o require, explicádelle ben a tarefa e poñer un reloxo para controlar o tempo, eles deben ser autónomos para o seu traballo.

Se presentan algunha dúbida, podedes corrixirlle ou orientalo.

  Dependendo da idade deberían ter máis ou menos tempo de descanso entre tarefa e tarefa.

As familias debedes colaborar estando atent@s ás distintas canles de comunicación: Web, e-correo no sexto curso de primaria, Tokapp para todos os cursos tanto de infantil como de primaria, E-dixgal no quinto curso de primaria...

Ademáis haberá propostas de traballo colectivas:

Co hashtag #NaCasa, creade un debuxo e gravade con él un microvideo cunha mensaxe de ánimo ou contando o que fas na casa, dun máximo de trinta segundos e enviádeo ao wasap do cole 658715569.

Queremos crear unha cadea de concienciación, para que todos quedemos na casa.

Este é o primeiro de moitos, animádevos!

TEMOS ALGUÉN NO NOSO CORAZÓN

O profesorado do Resío, ten a alguén no seu corazón e mentras desexa atoparse co seu alumnado está #NaCasa.


Distribuir contido

Back to top