DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Infórmase que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

Alumnado destinatario. 

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar para o curso 2021-2022. A distribución será automática para aqueles beneficiarios de axuda de material escolar. Non terán que facer ningún tipo de trámite.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUD

  • Presencialmente no centro en horario de secretaría: Tódolos días de 9.15 a 9.45h, mailos martes festivos de 16.00 a 16.45h.
  • Prazo presentación: desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ámbolos dous incluidos.
  • DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II. 

Anexos I e  Anexo II

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR. CONVOCATORIA.

Infórmase á Comunidade Educativa do inicio do proceso de  eleccións ao Consello Escolar.

 

    CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR   E DÍA DE VOTACIÓN                                                    

 Finalizado o tempo de presentación de candidaturas, a Xunta electoral reúnese  e proclama como candidatos do sector pais/nais, os que aparecen no documento adxunto.

CANDIDATOS

Lémbrase que o vindeiro martes día 23, terá lugar a votación de 9.15 a 10, de 13.15 a 14h, e de 16 a 17h. na entrada principal da escola.

PARTICIPADE!

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE  NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR.  CONVOCATORIA

 

            De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de elleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:

            1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.

            2.- Son electores/as todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día sete de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 14 de novembro, na secretaría do centro.

 

            3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do día 15 de novembro de 2021.

 

            4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 16 de novembro, ás 09:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

            5.- A campaña electoral comprenderá dende o 19 ao 22 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 22 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

            6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

            7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o marres día 23 de novembro, de 9.30 a10.30, de 12.30 a 13.30h.e de 16.00 a 17.00.hs. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 09:00horas.

            8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 5 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

            9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal dos alumnos.

            10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

            11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Vigo,    5  de novembro de 2021

 

MODELO DE CANDIDATURA DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS

                                                                                                                                 

 

            Segundo o establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se regulan aos órganos de goberno dos centro públicos de ensinanza non universitarios (DOG do 29), modificado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto) e pola RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021

 

D./Dª........................................................................................................................................................... ,

con D.N.I. núm. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., domiciliado na rúa........................................................

................... . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .,  nº . . . .,  teléfono . . . . . . . . . . . . .     de Vigo,

na súa condición de . . . . . . . . . . . . . .  do alumno/a..........................................................................

deste Colexio Público, e inscrito no censo electoral, polo presente escrito,

 

 

            MANIFESTA que está disposto/a a asumir a representación das nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro se para iso é elixido/a nas votacións a realizar o día 23 de novembro de 2021, sendo polo que presenta a súa candidatura.

 

Vigo, a 8 de novembro de 2021

 

APERTURA DO PROCESO E  CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

       A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

        - O director ou directora do Centro.

        - Un profesor ou profesora.

        - Un pai ou nai ou titor legal.

        - Un representante do persoal de administración e servizos

 

       Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo luns, día 25 de outubro, ás 9.30 horas.

       Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

 

                                              Vigo, 21 de outubro de 2021

 

                                                                  

                                           O/A DIRECTOR/A DO CENTRO,

 

 

 

 

 

                                         Asdo.:  ÁNGELA NOVOA BLANCO  

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO 2021/2022

Comezamos un novo curso aínda marcado pola pandemia da COVID 19, mais agardamos que sexa menos restritivo que o anterior; nel imos desenvolver unha temática anual chamada "Alén do Resío", na que trataremos diversos aspectos que atinxen á nosa cidade.

O alumnado desenvolverá ao longo do curso, investigacións sobre eses aspectos, que quedarán plasmadas nas "Conferencias de expertos"

Coma sempre, contaremos coa rapazada, coas ganas de traballar do profesorado e coa inestimable participación das familias.

Este curso contamos con mestres de nova incorporacióne dado que non podemos facer unha presentación formal como vimos facendo dende sempre, faremos unha presentación virtual á que damos paso á seguir.

Por favor, lede con calma, esta CIRCULAR DE INICIO DE CURSO, en ela atoparedes datos de interese para o presente curso escolar.

Aproveitamos para informar que utilizaremos a aplicación ABALAR MÓBIL. Esta aplicación se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias cnsultar a información de calquera d@s seus fill@s a travlés destes dispositivos.

A descarga da aplicación faise desde APPLE STORE, se o sistema operativo é IOS ou dende PLAY STORE, se o sistema operativo é Android.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar cualificacións
  • Consultar as faltas de asistencia
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Modificar o idioma da aplicación.

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os representantes legais do alumnado matriculado na escola.

 

BECAS ANEAE

 

Prazo aberto para a presentación de solicitudes de

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍICA DE APOIO EDUCATIVO

 

                    Departamento de Orientación

Poderán solicitar as axudas os alumno-as que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.

Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

 

Os solicitantes deben cubrila solicitude vía internet nesta ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Poden ver a convocatoria das axudas cos seus requisitos na mesma ligazón.


Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Os impresos de solicitude cubertos, asinados e selados polo gabinete terán que entregalos  no Departamento de Orientación do colexio xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade) para a posterior tramitación dende o colexio.

 

Prazo de presentación:

ABERTO  ata o 30 de setembro de 2021

Por favor, para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non agarden ao derradeiro día.

 

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

LISTAXE ACTUALIZADA DE LIBROS DE TEXTO, PREMER NA IMAXE ADXUNTA.

 

VACANTES CURSO 2021/2022

ADMISIÓN ALUMNADO.

 

VACANTES OFERTADAS:

 

 

ETAPA

 

 

Curso/nivel

 

Grupos

 

Nº Alumn@s

 

Vacantes

 

 

4º EI

1

 

10

15

 

Educación Infantil

 

5º EI

1

 

24

1

 

 

6º EI

1

 

17

8

 

 

 

 

 

 

 

1º EP

1

 

22

3

 

 

2º EP

1

 

21

4

 

Educación Primaria

 

3º EP

1

 

21

4

 

 

4º EP

1

 

24

1

 

 

5º EP

1

 

24

1

 

 

6º EP

1

 

26

24

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

No día de hoxe saíu publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 21/05/2021 e rematará o día 22/06/2021 (este incluído).

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN, XORNADAS PORTAS ABERTAS

Benvidos ao Resío!

 

Benqueridas familias, achégase o momento de decidir en que centro queredes matricular aos vosos fillos e fillas.

Dendo o Resío, informamos que neste curso a pandemia fai que non poidamos desenvolver as tradicionais xornadas de portas abertas.

O seguinte video preparouse  con moita ilusión,  para que poidades coñecer as instalacións.

Na seguinte ligazón poderedes ver todas as nosas instalacións en visión 360º. So tedes que premer na ligazón e elexir a/s dependencia/s que queredes coñecer. VISITA VIRTUAL

No Blogue de Picolindo descubriredes o noso xeito de traballo.

De todos xeitos, estaremos encantados de recibirvos, CON CITA PREVIA,  para clarexar as dúbidas que podades ter ( segundo o Protocolo COVID-19 non podemos facer percorrido polas instalacións).

O alumnado quere clarexar todas as vosas dúbidas e vos anima a matricularvos na nosa escola.

A entrega de solicitudes será na secretaría do centro, de luns a venres de 9.15 a 9.55 e os martes de 16 a 17h. Non é preciso solicitar cita previa.

Se non podedes vir, non hai problema. Podedes trasmitirnos as vosas dúbidas a través do ecorreo ou facendonos unha chamada telefónica.

Chamade ao 886120860, 658715569 ou no ecorreo ceip.virxe.rocio@edu.xunta.gal

 

PRAZO: do 1 ao 22 de marzo

MODOS: Pódese facer a través dun dos seguintes:

1. Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

2. No centro de primeira opción. Presentarase unha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.

 

DOCUMENTACIÓN:

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

- Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores/as, excepto que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión , a resolución xudicial correspondiente para a súa comprobación polo centro educativo.

 

FORMULARIOS:

Solicitude de admisión (ED550B).

Os formularios normalizados serán facilitados gratuítamente:

- Nos correspondentes centros docentes

- Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados)

- Na aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

NORMATIVA:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)

- Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE DESENVOLVEMENTO DO PROCESO DEADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022.

 

VACANTES OFERTADAS:

 

ETAPA

 

 

Curso/nivel

 

Grupos

 

Nº Alumn@s

 

Vacantes

 

 

4º EI

1

 

0

22+3*

 

Educación Infantil

 

5º EI

1

 

24

1

 

 

6º EI

1

 

17

8

 

 

 

 

 

 

 

1º EP

1

 

22

0+3*

 

 

2º EP

1

 

21

4

 

Educación Primaria

 

3º EP

1

 

20

5

 

 

4º EP

1

 

25

0

 

 

5º EP

1

 

25

0

 

 

6º EP

1

 

25

0

 * Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no capítulo V da Orde do 12 de marzo de 2013).

UN ENTROIDO DE CONTO EN TEMPO DE PANDEMIA

Por fín chegou o ENTROIDO, unha festa tradicional e divertida que tivemos o gusto de celebrar. 
Para levala a cabo, por mor da COVID-19, tivemos que modificar moitas das cousas que faciamos en anos anteriores. Cumprindo o protocolo establecido e coidando todas as medidas de seguridade que necesita o momento actual, renunciando ao pasarrúas na nosa vila de Bouzas, seguimos contando coas familias que colaboraron na montaxe dunha  fermosa pasarela, na que dende os máis cativos ata os maiores desfilaron engalanados cos seus fermosos disfraces. 
O día acompañou, e nun día capicúa, 12-02-2021, no que brillou o sol, as cores do entroido invadiron a escola.
O día transcurriú rápido e logo do traballo nas aulas, baixamos ao patio de infantil onde sacamos as tradicionais fotografías de grupo. 
4º EI: NIN BOS NIN MALOS, LOBO FEROZ. 
 

5º EI: OS FEITICEIR@S DOS CONTOS: MEIGAS. 
 
6º EI: ANIMAIS DE CONTO 
 


1º EP: LUGARES DE CONTO 
 
2º EP: OS PRINCIPES E AS PRNCESAS DOS CONTOS 
 

3º EP:OS IMAXINARIOS DOS CONTOS: FADAS, ELFOS, SEREAS, ALICORNIOS E DRAGÓNS 
 
4º EP: APÓCEMA MÁXICA.
5º EP MONIFATES DE CONTO 

 

6º EI MONICREQUES DE LENDA 

 

Tivo lugar o xuizo do Meco, o Sr. OGROVIRUS,  ao que rifamos e castigamos por todo o que nos fixo subrir ao longo da semana. A sentenza foi clara, ducha de viricida, máscara e vacina.


Nós gozamos moito da festa e esperamos que os rapaces chegasen a casa cun gran sorriso neste día tan especial.

 https://photos.app.goo.gl/B2R9qmMP3PZ2ZPfa8

Viva o entroido! 

Nos acompañaron no desfile as seguintes cancións:

  • La brujita tapita. Hernández
  • Los animales. Canciones indantiles, baile mini disco Django Music&Publishing, 
  • Nun castelo, TIC TAC TOC PABLO DÍAZ
  • Suéltalo, sueltalo,... de Frozen y Bidibi badibi bu de la Cenicienta,
  • Cuéntame un cuento de Celtas Cortos,
  • Savage love, de Jason Derulo
  • Guerreira do Arco da vella de GRAMOLA GOMINOLA
  • O Trasno de Pablo Díaz.


 

 

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Hoxe conmemoramos na escola o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, unha celebración moi especial que levamos preparando coas familias dende hai días. 

Grazas, pola vosa axuda, grazas pola vosa colaboración, grazas...

Neste ano tan especial, no que as celebracións conxuntas non están permitidas, e nun momento de alto risco sanitario, decídese facer unha celebración nas aulas coa colaboración das familias. 

FAGÁMOLO XUNTOS!

Moitas, moitísimas as fotos e preciosas todas e cada unha delas, para formar entre este marabilloso equipo da comunidade educativa do Resío, este fermoso agasallo de paz.

Contamos coa aprobación de CÉ ORQUESTRA PANTASMA, para utilizar as súas cancións na montaxe.

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

 
 

Nas aulas, entre todos, tamén temos unha pequena sorpresa. Todos os anos xuntabámonos no patio para cantar unha canción; este ano, non ía ser menos, para celebralo adaptámonos ás novas circunstancias pola COVID-19, e... cantando todos ao unísono nas nosas aulas, e coa axuda das novas tecnoloxías... esto é o que sucedeu.

 

 

 

Distribuir contido

Back to top