Complementarias
CONCERTO DIDÁCTICO E CONVIVENCIA CO CEIP MONTE BALIÑO (Ferreira de Pantón)
O venres 20 de maio, celebrouse no Auditorio da Casa da Cultura de Sober un Concerto Didáctico da Escola Municipal e da Banda de Música de Sober ao que ademáis de nós, asistiron os seguintes centros:
- CEIP MONTE BALIÑO (Ferreira de Pantón)
- CEIP ROSALÍA DE CASTRO (Bóveda)
- PAI de Sober
A través do conto "Musicolandia" aprendimos moitas cousas das familias de instrumentos que compoñen unha Banda de Música: vento - madeira, vento - metal e percusión. Tamén nos falaron do piano e da voz humana.
Foi un concerto moi divertido no que algúns nenos e nenas do colexio participaron activamente como personaxes do conto, tocando algún instrumento da banda, xogando ás cadeiras e incluso dirixindo á Banda
Aquí tedes un vídeo da parte final do concerto:
Despois do concerto, tivemos no colexio unha xornada de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Monte Baliño
LOLA DE PENELAS. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO
Enviado por floragrande o Mér, 09/03/2016 - 16:088 DE MARZO
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER A TRAVÉS DA FIGURA DE LOLA DE PENELAS
(OLEIRA DE GUNDIVÓS)
PREMIOS DO CONCURSO DE CONTOS "UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN" (19-1-2016)
O premio consistía en varios xoguetes de campaña mais unha copia do seu conto "Todos contra o cambio climático"
CONCERTO DIDÁCTICO SANTA CECILIA: MÚSICA TRADICIONAL (20-11-2015)
Para celebrar a festividade de Santa Cecilia, hoxe no colexio tivemos un concerto didáctico.
Como os nenos e nenas de Sober están moi acostumados aos instrumentos da banda; nesta ocasión decantámonos por instrumentos galegos tradicionais: gaita e percusión.
Neste concerto acompañáronnos catro membros da Escola Municipal de Gaitas de Monforte de Lemos e explicáronnos moitas cousas da gaita, do pandeiro, da pandeireta, das culleres, do bombo e do tamboril.
Nos seguintes enlaces podedes volver a escoitar algunhas das pezas que tocaron:
PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS - 2015
Un ano máis a Educadora Social do servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, Luisa Astray; estivo no noso colexio co programa "FUMATAS" no que un dos obxectivos principais é que os nenos e nenas desenvolvan hábitos e actitudes saudables.
Neste obradoiros o tema principal é o tabaco. Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar perxudica gravemente a nosa saúde.
Tamén fixemos prácticas de como poderían rexeitar os ofrecementos de tabaco cando están nun grupo e invítaselles a que sexan uns bos axentes de saúde para animar aos adultos fumadores que teñan ao seu carón a que deixen de fumar.
- OBRADOIROS: CARTAS DE AMOR (17 - 11 - 2015)
Hoxe no centro desenvolvéronse os obradoiros CARTAS DE AMOR impartidos por Dona Gloria Isabel Serrato Azat e promovidos pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do Concello de Sober.
Nestes obradoiros traballouse na educación pola igualdade efectiva entre homes e mulleres realizanto actividades co alumnado que lles fixeron reflexionar sobre os roles de cada quen: oficios, xogos, ditos...
Os alumnos de Educación Infantil, traballaron a partir do conto "A princesa diferente"
Hai non moito tempo, e nun lugar non tan afastado, vivía unha princesa que se chamaba Alba Aurora, a cal tiña unha fermosa cabeleira negra a media melena, o suficientemente longa como para que non se lle enredase nas ramas das árbores ás que lle gustaba subir polas mañás para ver o amencer antes que ninguén.
Alba Aurora era moi delicada e amable; pero tamén moi áxil e deportista e encantáballe ir a escalar todos os sábados montañas ou ir a acampar na praia.
Un día escoitou un ruído na súa ventá.
- Quen será? - preguntouse.
Era nada máis nin nada menos que o Príncipe Azul que viña a rescatala; segundo lle explicou.
- Pero a rescatarme de que? - preguntou Alba Aurora
- Non sei - dixo algo desorientado o Príncipe Azul - quizais dun bruxo malvado ou dun dragón malhumorado ou dun ogro enorme?
- Pero se non coñezo ningún bruxo malvado, ningún ogro enorme e, peor aínda, ningún dragón malhumorado! Ademais se así fose, seguro que xa houbese encontrado eu mesma a forma de liberarme" - dixo Ala Aurora.
O Príncipe moi triste ao decatarse de que non tiña que facer nada, dispúxose a baixar pola ventá por onde subira pero Alba Aurora preguntou:
- Coñeces a muralla chinesa?
- A muralla chinesa? Pois non! - exclamou o Príncipe.
E nin ben rematou de dicir que non, ela colleuno do brazo, baixaron xuntos pola ventá, subiron na moto e fóronse xuntos a coñecela. Así foi como a princesa diferente e o Príncipe Azulforon a percorrer o mundo e se fixeron amigos.
E colorín colorado, este conto ten comezado...
(Educando en Igualdade. Guía para Educación Infantil
Realizado por FETE - UGT en colaboración co Instituto da Muller e o Ministerio de Igualdade)
Para ver máis imaxes desta actividades preme no seguinte enlace:
CARTAS DE AMOR
Enviado por floragrande o Xov, 05/11/2015 - 17:26Desde a Secretaría Xeral de Igualdade e a través do Concello de Sober,
chéganos o obradoiro "Cartas de Amor" impartido por Dona Gloria Isabel Serrato Azat.
Neste obradoiro para nenos de Infantil e Primaria, intentarase concienciar aos nenos e nenas da igualdade se sexos.
PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS
Enviado por floragrande o Xov, 05/11/2015 - 17:20Luisa Astray (encargada da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos) achegarase ao noso centro para falar cos rapaces e rapazas do 3º ciclo sobre os riscos e tipos de dependencias; sobre todo o tabaquismo.
PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS
Enviado por floragrande o Xov, 05/11/2015 - 17:19Luisa Astray (encargada da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos) achegarase ao noso centro para falar cos rapaces e rapazas do 3º ciclo sobre os riscos e tipos de dependencias; sobre todo o tabaquismo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »