As familias contan

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carla (09-04-2021)

 

  Sabemos que esta é unha actividade que lle gusta moito ao noso alumnado, por iso estamos moi contentos de que as familias sigan participando a pesar da situación sanitaria que vivimos. 

  Nesta ocasión son Carla Martínez e a súa nai Lupe as que se animan a ler o conto  Roi quere ser mamá, escrito por Ana Pillado Vega e editado por A nosa Terra no que se reflexiona sobre a ruptura de estereotipos de xénero.

 

   

 

      Nesta historia descubriremos que Roi quere ser mamá porque quere coidar á súa irmán pequena como o fai a súa nai, pero... por que? en realidade os pais non saben coidar aos bebés? Escoitade atentos...

 MOITAS  GRACIAS  CARLA  E  LUPE  

POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!!

 

 

AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE LEONOR (05-03-2021)

  

    Hoxe compartimos unha nova colaboración da actividade  As familias contan.  

 

    Nesta ocasión  Cristina , a nai de  Leonor , veu a contarnos un par de contos na biblioteca pero para manter todas

  as medidas de seguridade e os protocolos derivados da situación sanitaria actual, tiveron que gravalos elas dúas

  soíñas e agora compartímolo para que toda a comunidade educativa poida velo.

 
   Elas leron primeiro o libro A cebra Camila de Marisa Núñez, unha historia coa que aprenderemos a importancia da amizade, da empatía e da solidariedade a través dos animais que a cebra Camila se vai encontrando no seu camiño.

  Despois leron un novo libro:Cincenta e as zapatillas peludas de Davide Cali. Unha reinterpretación do conto tradicional de Cincenta na que se lle da unha volta aos estereotipos tradicionais con moito humor para educar na igualdade de dereitos e oportunidades.

 

   E para rematar pasaron polos estudios de Radiuvin para gravar A cebra Camila nunha nova emisión do programa Lecturradio: as túas leturas na nosa radio.
 

 

 

 

MOITAS  GRACIAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!!
 
 

AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE SILVIA (19-02-2021)

   A pesar das medidas de seguridade e dos protocolos que temos que manter pola situación sanitaria derivada do Covid-19, continuamos coa actividade As familias contan aínda que sexa telemáticamente. 
 
 
   Nesta ocasión é a familia da nosa alumna Silvia a que nos conta Corre, Corre Cabaciña de Eva Mejuto e ademais faino cun teatrillo e uns monicreques moi chulos!!

 

 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!
 
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada e Teo (11/6/2020)

   A pesar da situación de alarma sanitaria que temos, continuamos coa actividade As familias contan aínda que sexa telemáticamente.

 

   Nesta ocasión é a quenda da nosa compañeira Antía, nai de Ada e Teo, que nos contará dous contos: La ovejita que vino a cenar de Steve Smalmann escollido por Teo e A mellor sopa do mundo de Susanna Isern escollido por Ada.

 

   Esperamos  que  disfrutedes  moito destas fermosas historias...
escoitade atentos!!!
 
 
MOITAS  GRAZAS  ANTÍA,  ADA  E  TEO  POLA
VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de EREA

    A actividade As familias contan estivo de estrea pois por primeira vez viñeron a contar Erea e a súa nai Silvia.
 
   Elas compartiron con nós o libro Cocorico de Marisa Núñez que conta a historia dun pitiño que se ofrece a ir por leña para acender o forno e que a súa nai poida facer un biscoito.
 
   O problema xorde cando aparece Gato Pelado, un gato malvado que quere comelo dun bocado;
que trato pensades que lle ofrece o pitiño para salvarse? 
E o máis importante...será quen de cumprilo?
 

    Nós xa sabemos o final do conto porque Silvia e Erea nolo contaron de marabilla!

 

   Se vós tamén queredes sabelo podedes escoitalas ás dúas na seguinte emisión de Radiuvín.

 
 

  Pero Cocorico non foi o único conto que nos leron, tamén nos leron A que sabe a Lúa? de Michael Grejniec.

 
 
 
   E viñeron cargadas cuns biscoitos para compartir con todos os nenos e nenas do colexio dos que como podedes ver só quedaron as migas!
 
MOITAS  GRAZAS  POR  UNIRVOS  AS  FAMILIAS
QUE  FORMAN  PARTE  DESTA  ACTIVIDADE!!
 

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Sara (18/12/2019)

   Hoxe tivemos unha nova sesión da actividade As familias contan. Nesta ocasión estrenouse Luisa, a nai de Sara que era a primeira vez que viña a contarnos un conto.

 
  Elas escolleron "El mágico libro de los cuentos", un libro no que varios autores, escribiron infinitas posibilidades de lectura, de xeito que cada vez que se le, a historia cambia.
 
 
 
 
 
 
  Se vós queredes escoitar un destes contos, podedes facelo na seguinte emisión do programa Lecturradio: as túas lecturas na nosa radio; xa que Luisa e Sara pasaron polos estudos de Radiouvín para contarnos esta historia.

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  Á  NOSA  BIBLIOTECA!!
 
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Leonor (29/11/2019)

    Hoxe Leonor e a súa mamá Cristina, estrenaron a actividade As familias contan deste curso.

 

   Elas leron o libro  O oso e o piano de David Litchfield; que conta a historia dun oso que atopa no bosque algo que non vira nunca: un piano!

 
  
Que pasaría con oso e o piano? 
 
    Os nenos e nenas do colexio xa o saben porque estiveron moi atentos. Se vós tamén queredes saber o que pasa nesta historia...podedes escoitar o conto na seguinte emisión de Radiuvín (Música: Breaktime de Kevin MacLeod)

 
   Despois Cristina aínda contou un conto máis na clase de Leonor: Chibos, chibóns de Olalla Fernández.
 
 

 MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTARNOS  ESTES  CONTOS

VOLVEDE  CANDO  QUEIRADES!!!
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Lorena (23/4/2019)

   Hoxe 23 de abril é o Día do Libro, e para conmemoralo tivemos na biblioteca unha nova sesión de As familias contan.
 
   Pero esta é unha sesión diferente porque non é a familia dun alumno a que ven a contar, senón que é a familia da profe Lorena.
 
 
  Lorena veu co seu sobriño O mago Iago e os seus pais, Nery e Iván, que tiñan preparado un espectáculo sorprendente.
 
   Comezou Nery coa lectura do libro Os Bolechas fan maxia que serviu como introdución de todo o que ía acontecer.
 
   E despois  O mago Iago, abraiounos cos seus trucos de maxia: 
 
obxectos que aparecen e desaparecen diante dos nosos ollos
 
trucos con voluntarios que non saían do seu asombro
 
 xogos de naipes
 
e ata unha caixa máxica que parecía baleira pero da que non paraban de saír un montón de obxectos!!
 
E agora...apetécevos volver a escoitar o conto e saber máis sobre este gran mago de tan só 5 anos?
Pois escoitade atentos a seguinte emisión de Radiuvín

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  Á  NOSA  BIBLIOTECA  E  POR  ESTA  SESIÓN MARABILLOSA   QUE  NOS  RECORDA  A  MAXIA  DOS  LIBROS  NUN  DÍA  TAN  ESPECIAL!!


AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Leonor (29/3/2019)

   Rematamos as actividades bibliotecarias do mes de marzo con Cristina, a nai de Leonor, que participou hoxe en As familias contan.
 
  Cristina estrenouse nesta faceta de contadora co libro Un conto cheo de lobos de Roberto Aliaga e Roger Olmos no que hai lobos grandes e lobos pequenos, durmidos, espertos, xigantes, ananos, de cores, trampulleiros, con lentes, con sombreiros... lobos que están esperando a que os chamen para un conto.. cal será o seguinte en actuar?
 
 
 

  E para que a estrea fora completa e que todos poidades escoitar este conto tan divertido, Cristina e Leonor pasaron tamén polos estudos de Radiuvín.

   O contacontos seguiu cunha sesión para os nenos e nenas da clase de Leonor. Agora foi a quenda do libro O coelliño branco de Xosé Ballesteros. 
 
    Este coelliño foi un día á horta a buscar coles para facer un caldiño pero cando volveu atopou a súa casa ocupada pola cabra Cabraza. Coa súa valentía e a axuda dos seus amigos tentará reconquistar o seu fogar... será quen de conseguilo?

 

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTAR!!
ESPERAMOS  VOLVER  A  VERVOS  NA  NOSA  BIBLIOTECA!!
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Darío (15/3/2019)

    Na actividade As familias contan de hoxe, acompañounos por primeira vez este curso un avó: Luis Miguel González Fernández, avó de Darío de 2º de Primaria. 
 
    Luis Miguel leunos o primeiro capítulo do libro Los cinco viven una nueva aventura de Enid Blyton. Neste capítulo enterámonos de que os irmáns Ana, Dick e Julián terán que pasar as vacacións de Nadal cos seus tíos e a súa prima Jorge.
 
 
 
Pero... agora... que pasará na granxa Kirrin?? 

   Pois se o queredes saber, podedes ler o resto da aventura no libro que nos deixaron de agasallo para a biblioteca.

    Ademais Darío e o seu avó pasaron por Radiuvín para falarnos sobre este libro e outros que Luis Miguel lía cando era pequeno: sabedes quen era El capitán Trueno? E Mortadelo? Pois escoitade atentos.

 

MOITAS  GRAZAS  POR  ACOMPAÑARNOS  ESTE  RATIÑO  NA  BIBLIOTECA!!
Distribuir contido