I XORNADAS DE DINAMIZACIÓN E VALORIZACIÓN DO RURAL (22/3/2018)
A asociación Sober Vivo acaba de organizar as I Xornadas de Dinamización e valoración do rural.
Unha das actividades destas xornadas foi a Xornada Didáctica na que participamos hoxe: A infancia e o coidado do Medio Ambiente que comezou no Souto de Lobios.
Desde alí fomos ao Piñeiral de Doade.
Despois de repoñer forzas, foi o momento de plantar 200 castiñeiros no monte de Doade coa axuda do Distrito Forestal Terras de Lemos, membros da asociación e algúns papás.
Podedes ver todas as imaxes desta actividade na GALERÍA DE IMAXES. Ademais tamén estivo presente a Televisión de Galicia emitindo en directo para o seu programa A Revista. As conexións con nós, prodúcense no minuto 18 e no 52.
Desde o centro queremos dar as grazas aos organizadores destas xornadas por ter en conta ao noso alumnado que veu encantado desta experiencia.