PROXECTO "OS PINGÜÍNS" (III) - 09-03-2024

    Durante o transcurso do proxecto o alumnado de Primaria fixo unha videoconferencia coa Base Antártica Española "Gabriel de Castilla" e desde alí ofrecéronnos a posibilidade de que as aulas apadriñaran un pingüín. 
 
    As crianzas quedaron alucinadas de que puideran poñerlle nome que quixeran a un pingüín de verdade e comezaron a pensar en como lles gustaría que se chamara.
 
    Así xurdiu un proceso de elección no que cada un deu un nome e logo votaron ao que máis lles gustaba. Ao final quedaron soamente tres, entre o que saiu o gañador: SALTARÍN!!!

 

Que ledicia levaron cando chegou o diploma do "seu" pingüín!

 

   Aproveitando todo o traballo que levaban feito sobre este tema, para conmemorar o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, coñeceron a figura de Josefina Castellví.
 
    Josefina, ou Pepita como lle gustaba que lle chamaran, foi unha das primeiras mulleres en participar nunha expedición internacional na Antártida e a primeira muller en dirixir a Base Antártica española Juan Carlos I.
 
  Primeiro elaboraron entre todos un gran mural de Josefina empregando diferentes técnicas e materiais, que agora decora o corredor das aulas de infantil e logo, cada neno fixo unha ficha individual para leval de recordo para a casa.