DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN. PELO DE NUBE. (30/01/2020)

   Hoxe 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas importantes: o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e o Día da Ilustración en Galicia.
 
    Por iso tivemos no colexio a Dani Viétez e Iria Iglesias, que combinan á perfección estas dúas conmemoracións xa que son autores e ilustradores de libros que potencian valores como os propostos pola UNESCO.

     Nesta ocasión viñeron a falarnos da historia de Pelo de nube, un neno especial.

 
 
    Como eles nos lembraron, hoxe é o Día da Paz porque o día 30 de xaneiro de 1964 morreu Gandhi e a UNESCO decidiu utilizar esta efeméride para reforzar entre o alumnado valores como a tolerancia,  diálogo, o respecto aos dereitos humanos á non violencia e á paz.
 
 

   E por outra banda, é o Día da Ilustración en Galicia porque conmemoramosque un día como hoxe de 1886 naceu Castelao.

 
   O obradoiro tivo dúas partes, a primeira foi un contacontos na que coñecemos a historia de Nuno, un neno diferente que no canto de pelo, tiña unha nube na cabeza. Como non coñece a ninguén cun pelo como o seu, síntese triste por ser distinto aos outros...
 
     Pero ao final os seus pais conseguen que se decate de que precisamente esa diferenza é o que o fai único e especial.
 
 
  Coñecer esta historia fixo que os nenos e nenas reflexionasen sobre os sentimentos de Nuno e sobre a importancia do respecto, a tolerancia e a convivencia na escola  como valores fundamentais para a Paz.
 
     A segunda parte da actividade centrouse máis no Día da Ilustración. Iria e Dani fóronnos explicando a relación entre o debuxo e as emocións que transmite comparando as diferentes representacións da bocas, das cellas, os ollos...

 

  E a continuación foi o noso alumndo o encargado de ilustrar situacións que reflexasen comportamentos que podían contribuír á paz na escola.
 

 

    Para saber moitas máis cousas sobre Dani, Iria e a súa paixón pola ilustración podedes escoitar a entrevista que lles fixeron Laura, Hugo e Lucas.
 

 
 
 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTE  OBRADOIRO  TAN  EDUCATIVO!!

Podedes ver todas as imaxes no enlace: GALERÍA  DE  IMAXES