Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

ESCORNABOTS E ROBÓTICA: Punto de Interese

   Hoxe recibimos na biblioteca un préstamo de fondos da Biblioteca Pública Municipal do noso concello relacionados co tema dos robots, máquinas, inventos...
 
   Xa podedes consultalos no Punto de Interese da nosa biblioteca!!
MOITAS  GRAZAS!!

CHEGA A PRIMAVERA! (21/3/2017)

Hoxe chega oficialmente a primavera e no cole xa podemos disfrutar das flores desta estación!

 

DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA DE CASTRO

   A proposta da Unesco en 1999, o 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía coa finalidade promover a súa ensinanza, crear unha imaxe atractiva dela e fomentar a expresión e tradición oral.
 
    Como este ano, o Día de Rosalía coincidiu co desfile de Entroido, queremos dedicarlle a celebración de hoxe a esta autora. Para isto os biblioaxudantes, recitáronnos algúns dos seus poemas correspondentes a varios dos seus libros.
 
 
En mi pequeño huerto,
brilla la sonrosada margarita,
tan fecunda y humilde,
como agreste y sencilla...  
ler máis
(En las orillas del Sar)
 
Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera....
ler máis
(Cantares  gallegos)
 
  Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer ovos,
andando o tempo...
ler máis
(Follas Novas)
 
 
 Para rematar fixémonos unha foto todos xuntos baixo a imaxe desta autora #Rosalíate
 

OS ESCORNABOTS TAMÉN SABEN DE EUROS (21/3/2017)

     Os escornabots tamén nos axudan a reforzar o coñecemento da nosa moeda.

 
     Nesta actividade traballaremos tanto cos billetes como coas moedas de euros e de céntimos.
 
     BILLETES: colocamos os billetes nun taboleiro ao azar e ímoslle pedindo aos alumnos que acaden un ou otro billete. Para facelo un pouco máis complicado, en vez de pedirlle un só billete podemos pedir cantidades que resulten da suma de varias: 70 €, 40 €...
 
     MOEDAS: facemos o mesmo pero agora coas moedas de 1 €, 2 € e as de céntimos
 
    MOEDAS  E  BILLETES: o terceiro paso, foi mezclar moedas e billetes pedindo cantidades que combinen ambos como 12,50 € ou 8 € e 30 céntimos...
 

TRABALLANDO A IGUALDADE ENTRE SEXOS (Vídeo Día da Muller - 2017)

   Unha das actividades que se levaron a cabo o 8 de marzo no centro para conmemorar esta data foi un debate - coloquio para traballar a igualdade entre sexos como base fundamental na educación dos nosos nenos e nenas: igualdade legal en dereitos e deberes, igualdade cultural e igualdade social.
 
 
 
    A partir desta reflexión e do traballo feito no colexio, convocamos ás familias para que lles fixeran fotos aos seus fillos/as facendo algo que tradicionalmente se asociaría ao sexo contrario: tarefas da casa, tarefas na horta, oficios, xogos... reforzando a idea de que todas e todos podemos facer de todo como di a letra da canción escollida:
 
"Puedes hacer, lo que quieras hacer
sin importar que seas hombre o mujer"
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  Á  COMUNIDADE  EDUCATIVA  E  ÁS  FAMILIAS QUE  COLABORARON !!

SCRATCH JUNIOR CON ELÍAS E ROCÍO (13/03/2017)

  O alumnado de 1º e 2º comeza hoxe a súa andaina cpara coñecer fundamentos básicos de programación a través de Scratch junior.
 
    Para isto contamos coa axuda de Elías e Rocío, os papás de Antía, que son programadores informáticos e de forma completamente voluntaria e altruista veñen a adicarlles unhas sesións ao noso alumnado.
 
   Comezan explicándonos que é iso de programar e onde podo atopar programación informática no meu día a día.
   Despois achegámonos ás ordes básicas de Scratch a través duns carteis que elaboraron e que serven para programar a Elías que se nos transforma nun robot levando a cabo o que os nenos e nenas programan.
 
 
 
   E despois disto pasamos a Scratch junior nas tables onde poñemos en práctica o aprendido e moitas cousas máis subindo a dificultade inicial: bucles, escenarios, personaxes interactuando... 
 
UNHA  SESIÓN  MOI  INTERESANTE!!
MOITAS  GRAZAS!!

ARTE ESCORNABÓTICO

Seguimos traballando coa arte; esta vez cos escornabots.
O primeiro é elaborar unhas tarxetas con obras representativas de cada arte
 
 
 
 
     Repartimos as tarxetas polo taboleiro grande e a cada xogador/a asignámoslle unha arte.

    Tiramos os dados e programamos tantos movementos como puntos obtemos co obxectivo de rematar a tirada nunha imaxe correspondente a miña arte.

    Acaba o xogo cando algún dos xogadores consegue todas as súas obras de arte.
 

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN - Ángel e Mateo (10/03/2017)

     Comezamos esta actividade de "Os biblioaxudantes contan" con Mateo e Ángel de 5º de Primaria.

     Eles léronnos Conto ata dez do libro Do, Re, Mi Fantasía de Concha Blanco

 
Un relato moi divertido...tanto que a eles mesmos lle daba a risa cando nolo estaban contando.
 
Podedes escoitar o seu relato no seguinte vídeo
 
Moitas  grazas pola vosa participación!!

ARGALLANDO...

    Os escornabots non descansan pero os legos, os xogos de construción e o mecano levan días que tampouco...

 
 
Creatividade na máxima expresión!
Distribuir contido