Radio

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS (20/11/2018)

   Hoxe 20 de novembro, conmemórase o Día dos dereitos dos nenos e das nenas, para saber máis sobre este día e sobre os propios dereitos escoitade o programa gravado polos nenos e nenas de 6º de Primaria.

 

 

XORNADA MICOLÓXICA (13/11/2018)

    A Agrupación Pingadouro organiza como cada ano unhas xornadas micolóxicas en Sober nas que se inclúe unha xornada didáctica cos nenos e nenas de primaria.
 
  Coas cestas preparadas e acompañados por Ramón Losada (micólogo da Asociación Micolóxida de Madrid), saímos polos arredores do colexio para buscar setas e cogomelos entre as herbas, as pedras, as árbores...
 
 
 
 
 
  Xa coas cestas cheas voltamos ao colexio onde, coa axuda de Ramón e consultando libros sobre setas, diferenzamos as especies tóxicas (mantel vermello) das non tóxicas (mantel branco) e puxémoslles etiquetas cos seus nomes.
 
   Despois o micólogo fixo unha explicación sobre elas, as súas propiedades, os seus perigos, as súas partes, como diferenzalas... e respostou a todas as dúbidas dos nosos alumnos ademais de pasar polos estudos de Radiuvín para ser entrevistado por Aitana, Mara e Uxía.

Máis imaxes desta saída no enlace: GALERÍA  DE  IMAXES
 
 

A GALIÑA PAULINA contada polos nenos e nenas de Infantil (9/11/2018)

    Hoxe tivemos na sección de Lecturradio a algúns nenos e nenas de Educación Infantil para contarnos a historia de  A galiña Paulina;  un conto popular español recollido nesta edición por Fernando Alonso para a colección Superlibros de Santillana.
 
   Con esta fábula, descubriredes a importancia de traballar e esforzarse para lograr as cousas que queremos como a galiña que tivo que traballar moito desde que encontrou un gran de trigo ata que conseguiu a fariña para facer un rico biscoito...e que credes?  Contaría con axuda?  
 
    Escoitade atentos...
 

DÍA DA BIBLIOTECA: Comezan as emisións de Radiuvín (26/10/2018)

    Chega o Día da Biblioteca e todo o relacionado con ela empeza a espertar do seu descanso estival; inlcuída Radiuvín, a nosa radio.

      Para comezar, que mellor que lembrar todo o que fixemos o ano pasado co vídeo recopilatorio que nos mandan desde Rede Espora?

   
Neste vídeo poderedes ver os primeiros pasos dos colexios que entramos o ano pasado no Proxecto Radio na biblio.
   
   E como non podería ser doutro xeito, comezamos a emisión cun programa relacionado coa nosa biblioteca; un programa no que os alumnos de 3º e 4º de Primaria nos informan sobre todo o acontecido o día da biblioteca e os alumnos de 5º e 6º nos contan o que máis lles gusta da biblioteca do cole para que non dubidedes en ir a ela.
 

RADIUVÍN na Revista Galega do Ensino

   A  EDUGA (www.edu.xunta.es/eduga) é a Revista Galega do Ensino publicada pola Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria. Nela recóllense entre outras seccións, experiencias innovadoras, boas prácticas e artigos de investigacións.
 
   No seu último volume publicado, o número 75 (xaneiro - xuño 2018), poderedes ler un artigo que fala sobre a nosa biblioteca e a incorporación do Proxecto Piloto Radio na biblio que estamos levando a cabo.

 

   Desde a biblioteca queremos darlle ás grazas a esta publicación educativa e á Asesoría de Bibliotecas Escolares por ter escollido a nosa experiencia para darlle visibilidade a este proxecto; pois supón un recoñecemento ao traballo feito na nosa biblioteca

 

MERENDAS CON CONTOS: o programa de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal

     Hoxe tivemos no noso estudio de radio a Julia Fernández Garza, bibliotecaria da Biblioteca Pública Municipal de Sober, e a
 
Rocío Fernández, técnica informática do noso Concello e nai da nosa compañeira Antía.
 
 
    Entre as dúas e Dunia, que agora está de baixa por maternidade, levan a cabo as actividades do programa de animación á lectura
 
Merendas con contos que se desenvolve todos os venres do curso escolar e no que participamos moitos alumnos e alumnas deste
 
colexio.
 
 
   Para saber todo o que falamos sobre este programa de animación á lectura e moitas cousas  máis, só tedes que escoitar a
 
entrevista no seguinte enlace:

MOITAS  GRAZAS  POR   ESTE  PROGRAMA

E  POLA  VOSA  DISPOSICIÓN  A

COLABORAR  SEMPRE  CO COLEXIO!!

CONCERTO DIDÁCTICO CON SUSO VAAMONDE E DOCE INSTRUMENTOS POPULARES (6/6/2018)

    Hoxe asistimos ao concerto didáctico organizado pola Escola de Música de Sober coa Banda Municipal, o coro Berea e a presenza de Suso Vaamonde que é Profesor Superior de Gaita, licenciado en Diloloxía Clásica e mestre de instrumentos populares en varias escolas e Asociacións.
 
    Neste concerto puidemos aprender moitas cousas sobre instrumentos tradicionais coñecidos coma a pandeireta, o acordeón ou a gaita; e outros menos coñecidos como a trompa ou birimbao, a zanfona, as tarrañolas, o asubío...
 
   Foi un concerto moi divertido no que non paramos de apreder, dar palmas e cantar como na imaxe da fotografía na que os nenos e nenas do cole, subiron ao escenario a cantar "Se chove" coa Banda, a coral e Suso Vaamonde tocando o asubío.
 
  
 

  Ao rematar Laura Rodríguez, que é a directora da Escola de Música, e Suso Vaamonde; achegáronse aos nosos estudios de radio para que Laura e Uxía lles fixeran a interesantísima entrevista que podedes ouvir no seguinte enlace.

 
MOITAS   GRAZAS   POR  VIR   A  RADIUVÍN!!

   O día rematou cun xantar de convivencia co alumnado e os profesores do colexio Rosalía de Castro de Bóveda. MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  AO  NOSO  COLE!!!

DESPEDIDA VICTORIA, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA (1/6/2018)

   A nosa auxiliar de conversa durante este curso, Victoria Capuano, remata hoxe a súa estancia no centro despedíndose de todos nós. A través de Radiuvín ela fixo un resumo do seu paso polo centro e contoulle a Francesca moitas cousas que todos poderedes entender porque Uxía fixo de traductora.
 

   Para que leve un recordo do centro, cada alumno/a fixo un debuxo e un pequeno texto en inglés. Con estas aportacións, encadernamos un fermoso libro cheo de moito cariño. 
 
 
     Nesto xesto de cariño, non podía faltar a nosa mascota Lectuvín que levará de recordo para USA  nunha camiseta da biblioteca, xa que Tori pasou bastante tempo nela axudando ao alumnado e xogando cos escornabots. 
    THANK  YOU  VERY  MUCH,  TORI!!
WE  HOPE  TO  SEE  YOU  SOON  AND  YOU  COME   BACK  NEXT  YEAR!!

HIXIENE E SAÚDE BUCODENTAL (23/5/2018)

    A hixiene e a saúde bucodental é algo imprescindible para o noso alumnado; por iso, nos pareceu unha boa idea a que nos propuxo a madriña de Lucía: vir a falarlles aos nenos sobre o seu traballo na Clínica Dental Marga e a importancia do cepillado para conciencialos sobre este tema.
 
  Co alumnado de infantil, Sonia Díaz e Marga González fixeron fincapé na importancia do cepillado e déronlles técnicas apropiadas a súa idade que seguro que xa non se lles olvidan pero, por se algún se despista, poden escoitar de novo a canción que lles ensinaron.
 

   Ao alumnado de primaria déronlle unha expliación máis completa e despois foron enxuaguando a boca cun enxuague que tingue de azul as partes onde hai suciedade para que visen se a súa dentadura estaba limpa ou non. A continuación lavaron os dentes poñendo en práctica o aprendido con especial coidado nas zonas máis azuis. 

 
   Para rematar a actividade, Marga e Sonia repartíronlles uns agasallos e fixeron un sorteo duns lotes de produtos de hixiene dental.
  Tamén entregamos uns chaveiros con forma de moa impresos na 3D así cada vez que os nosos alumnos/as os vexan recordarán o que falamos hoxe.
 
  Antes de marchar, as nosas invitadas pasaron por Radiuvín para deixar constancia de todos os consellos que nos deron e falarnos da súa experiencia.
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  COLABORACIÓN!!
 

 

I ESCALEIRA LITERARIA (12/5/2018)

     O sabado día 12 de maio, celebrouse no Centro Sociocultural de Sober a I Escaleira Literaria, un acto poético musical dedicado a María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.
    O acto comezou coa lectura e relatos de poemas con acompañamento instrumental. Participaron Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González, Xosé Lois García e a nosa directora Montse Rodríguez.
 
   Tamén participaron o grupo musical O Trícole, a Escola Municipal de Teatro e Sara González que interpretou un poema con danza. Rematou o acto o alcalde Luis F. Guitián.
 
   Para falarnos deste acto, tivemos nos estudios de Radiuvín a Moncha Prieto, Eva Ferreira e Neus Canadell.
 

  
   Moitas grazas por concedernos esta entrevista!!
 
Distribuir contido