Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

EXCURSIÓN A OUTEIRO DE REI E LUGO (2014)

     Para conmemorar o Día das Letras Galegas, fixemos unha excursión dedicada ao autor Manuel María. Primeiro visitamos a súa casa (agora convertida nun museo) na que puidemos ver unha reprodución da súa casa de Outeiro de Rei pero tamén da súa casa de Monforte tal como era mentres el viviu: a súa habitación, o seu despacho, o salón...

    Ademais de coñecer a súa casa, participamos nun obradoiro de pintado de camisetas coa súa caricatura que foi moi entretido.

Estamos desexando que a pintura seque para que poidamos estrenalas!

 

Se queres saber máis sobre a súa casa - fundación podes premer na imaxe

   Desde alí, fomo a comer a Santa Isabel, unha preciosa zona ao lado do río na que pasamos un rato moi divertido.

 

   Pola tarde fomos a visitar Lugo. Primeiro fomos a Radio Lugo para gravar os noso poemas dedicados a Manuel María dentro do programa escolar O son da nosa fala que aínda non sabemos cando se vai emitir; pero tranquilos que xa nos han de avisar da emisora para que esteamos atentos.

  E para rematar a excursión un paseo pola zona monumental de Lugo:A Catedral e a muralla

 

 

 

Se queredes ver todas as fotos da excursión podedes facelo na galería de imaxes

GALERÍA  DE  IMAXES

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013: ACTIVIDADES

   Ola rapaces e rapazas!

    Aquí vos presentamos unha selección de actividades que elaboramos para que recordedes moitas cousas das que falamos sobre Roberto Vidal Bolaño, o Día das Letras Galegas e o teatro. Nelas teredes que facer cousas diferentes para conseguir superalas con éxito.

ESTADES  LISTOS?

ENTONCES... BOA  SORTE!!

Neno no ordenador

    Qué sabes da vida de Roberto Vidal Bolaño?  (Actividade para completar)

Coñeces a súa obra? (Crucigrama)

Que sabes do teatro? (Actividade de relacionar)

Oficios relacionados co mundo do teatro (Ordenar letras)

- Oficio 1

- Oficio 2

- Oficio 3

- Oficio 4

- Oficio 5

Outros autores aos que se lle ten adicado o día das letras galegas (Sopa de Letras)

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

    Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño, un dramaturgo galego do que podedes saber moitas cousas no seguinte enlace: http://robertovidalbolano.org//.

    Nós no colexio fixémoslle unha pequena homenaxe na que empezamos por pintarnos un bigote e un nariz de pallaso como a que el usaba:

pintándonos como Vidal Bolaño  Somos Roberto Vidal Bolaño

    Despois recordamos datos da súa biografía a través dos alumnos de 5º e 6º de Primaria:

Jorge  Iria  José

   Outros alumnos faláronnos das súas obras e fixéronnos xogos para comprobar se estabamos atentos e lembrabramos datos da súa biografía. Tamén aprendemos as partes principais dun teatro:

Raúl  Iria  patricia

todos atentos

    Coa intención de achegarnos a súa obra Janet, Antía, Iván e María del Mar; interpretaron no noso teatro de monicreques dous fragmentos da obra Touporroutou da Lúa e do Sol que podedes ver facendo click nos seguintes teatrillos:

Vídeo     Teatro de monicreques

E para rematar coloreamos uns marcapáxinas recordando ao seu actor e a súa obra:

pintando marcapáxinas  pintando marcapáxinas  MArcapáxinas



CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL - LETRAS GALEGAS 2013

    Deixámosvos as bases para o concurso das Letras Galegas de este ano.

    Como sabedes, a alumna Laura Rodríguez de 3º de Primaria foi a gañadora do Certame o ano pasado na modalidade de Debuxo; así que animádevos a participar que algún de vós pode ser o gañador este ano!!!

    Presentade os vosos traballos na Biblioteca do colexio e desde aquí levarémolos á Biblioteca Municipal.

    Moita sorte a todos e xa sábedes: A TODA MÁQUINA.

BASES:

A Biblioteca Pública Municipal de Sober convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2013 (Fase Local) de acordo coas seguintes bases:

1. Poden participar tódolos nenos con:

- A) Narracións en galego, cunha extendión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema que se propón a continuación: A TODA  MÁQUINA.

- B) Debuxos feitos sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4, sobre o tma que se propón a continuación: A TODA MÁQUINA

2. Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañado cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.

3. Establécese tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; C, de 12 a 16 anos.

4. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Municipal.

5. O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.

6. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

7. O fallo do xurado local farase público antes do Día das Letras Galegas.

8. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10. A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.

     Agora que xa rematou o prazo para concursar podedes ver os traballos elaborados polos nosos alumnos e alumnas, so tedes que facer cklic no seguinte enlace:

TRABALLOS DOS NOSOS ALUMNOS/AS

Distribuir contido