Brigada Ecoloxista

ELABORACIÓN DE COMPOST

Para aproveitar os residuos orgánicos do centro, decidimos facer compost e utilizalo como abono natural para as nosas plantas e a nosa horta.

Para a boa elaboración dun compost deberemos seguir estes 4 pasos:

1. Colocar o compostador nunha zona con sombra

2. Empezar cunha capa de follas secas ou ramas para airear.

botando follas no compostador

3. Engadir a materia orgánica producida no centro:

restos de froita, verdura, pan, pasta, arroz, cáscara de ovos...

compostador

4. Regar para manter a humidade do compost. Para regula-la humidade e saber se é necesario regalo o mellor e apretar un puñado coa man; se queda duro está ben, se se desfai fáltalle humidade e se gotea é que ten demasiada auga. Neste caso podemos engadirlle cartón para que absorba a humidade.

Con estes pasos só fai falla un pouco de paciencia para esperar que se faga e poder utilizalo.


POSTA EN MARCHA

Para poñer en marcha a nosa brigada exoloxista empezamos por distribuir carteis informativos e papeleiras de cores no corredor principal do colexio e no comedor para fomentar a recollida selectiva de lixo.

recollida selectiva de lixo

Unha vez distrubuídas as papeleiras e colocados os carteis fixemos unha charla informativa cos nenos e coas nenas sobre a importancia da separación de residuos. Para os máis pequenos utilizamos como referencia o libro de Os Bolechas: Os Bolechas queren saber que se bota no contenedor amarelo, onde se explican os diferentes residuos e as cores que os diferencian.

Finalmente establecemos quendas de vixiancia para evitar que se tire lixo ao chan e vixiar que os residuos se boten no seu lugar correspondente. Ademais, ao final do día esta brigada é a encargada de levar os residuos aos seus contenedores.

contenedor amarelo   contenedor azul

VER MÁIS IMAXES


Distribuir contido