Noticias
VOLTAMOS ÁS CLASES (6/02/2017)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reparou durante a fin de semana os danos que o temporal de chuvia e vento provocou no noso centro co fin de retomar hoxe as clases con normalidade.
Ao longo do día de hoxe a empresa encargada das obras revisará a zona afectada e medirá os remates perimetrais e canlóns para proceder á súa instalación tan pronto como estea seca.
EL PROGRESO
CONCELLO DE SOBER
SUSPENSIÓN DAS CLASES POLOS DESTROZOS DO VENTO
Debido aos destrozos do vento, suspenderanse as clases no colexio hoxe día 2 e mañá día 3.
Esperamos retomalas o luns día 6 coa maior normalidade posible.
Na galería de imaxes, pódense ver os destrozos que levaron a tomar esta decisión.
DÍA DO ENSINO (30 - 10 - 2015)
O día 30 de outubro, conmemorouse o Día do Ensino; e pensamos que non hai mellor día que este para facerlle unha homenaxe a José Manuel Álvarez pola súa labor como profesor de Educación Física e titor que durante tantos anos exerceu neste centro.
Por esta razón varios compañeiros e excompañeiros xuntámonos e fixémoslle un pequeno acto para desexarlle o mellor neste novo período da súa vida que comeza coa xubilación.