As familias contan
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de César e Julieta (16/6/2023)
Rematamos a actividade As familias contan deste ano cunha nai que se estrena como contadora: Maryori, a nai de César e Julieta. Entre os tres léronos o libro La mudanza de Tigger escrito por Kathleen Weidner.
Nesta historia o protagonista ten un problema na súa casa porque cada vez que dá un salto tira con todo.
Tigger non sabía que facer ata que o seu amigo Coello atopa a solución: mudarse de casa!
A idea non é mala pero o protagonista ten un montón de dúbidas: virán os seus amigos a xogar á súa nova casa? Poderá levar as súas cousas favoritas? Como vai a fecer para transportalo todo?
MOITAS GRAZAS AOS TRES POR VIR A LERNOS ESTE LIBRO,
A HISTORIA GUSTOUNOS MOITO PERO SABE A DESPEDIDA...
ESPERAMOS QUE, COMO LLE PASOU A TIGGER, UNHA MUDANZA
NON FAGA QUE SE PERDAN AS AMIZADES QUE AGORA TEDES.
ESTE COLE TERÁ SEMPRE AS PORTAS ABERTAS PARA VÓS!!
ATA SEMPRE!!
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Alassanne (12-06-2023)
Hoxe na actividade As familias contan temos a unha familia que ven a contar por primeira vez: a familia de Alassanne.
Alassanne e a súa nai Natalia leron o conto Te quiero (casi siempre) de Anna Llenas e trouxeron un montón de actividades preparadas.
Antes de ler, Natalia fixo unha actividade introductoria para que o alumnado coñecese aos protagonistas, Lolo e Rita, e comprendera de forma física que se lle facemos dano a alguén, podemos pedir perdón pero nunca poderemos borrar de todo o dano que lle fixemos.
Despois comezou a lectura e con ela coñecemos mellor a Lolo e Rita que son dous bichos moi diferentes.
Todo ía ben ata que un día a Rita empeza a cansarse da coraza de Lolo que se converte en bóla para refuxiarse e a Lolo empeza a parecerlle que Rita brila demasiado e que voa tamén demasiado alto....
Así é como comezan a distanciarse, ata que un día Lolo intenta abrandar a súa armadura e Rita intenta voar un pouquiño máis baixo...
Pouco a pouco irán decatándose de que as diferenzas non son imposibles de salvar e de que o feito de adaptarse aos demais respectando o que os fai diferentes, fará que atopen un punto de encontro.
Despois, ao rematar a lectura, estivemos facendo as actividades propostas por Natalia para coñecer mellor aos nosos compañeiros e un mural coas receitas de felicidade que elaboraron.
Para rematar, subiron aos estudios de radio para gravar o conto e que todos poidades escoitalo.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS POR VIR A CONTARNOS ESTA HISTORIA SOBRE A AMIZADE E O RESPECTO!!
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Aldán (18-05-2023)
En As familias contan de hoxe recibimos a Tamara, a nai do noso alumno Aldán de Ed. Infantil, que era a primeira vez que viña a participar nesta actividade.
E como vos imaxinaredes, isto para un dragón é un gran problema, sobre todo para dragóns que se adican a chamuscar cabaleiros.
Menos mal que Sir Wayne, o cabaleiro que se tiña que enfrontar a el, era moi enxeñoso e tivo unha idea para axudalo: preparar a receita máis picante do mundo para conseguir que o dragón volvera a ter un alento abrasador.
Pero este remedio non tivo o resultado esperado e a chama acabou saíndo por outro sitio que non era precisamente a súa boca...
Se queredes coñecer toda a historia deste dragón, podedes escoitar o libro no seguinte podcast que Aldán e Tamara gravaron na nosa radio.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS POR PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE!!
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carla Martínez (25-4-2023)
Hoxe tivemos na biblioteca unha nova sesión da actividade As familias contan; nesta ocasión con Lupe Pardo nai da nosa compañeira Carla Martínez.
Elas viñeron a contarnos o libro Nadie quiere jugar conmigo escrito por Gabriela Keselman co que coñecemos a historia do castor Pocosmimos que se sentía moi só porque ninguén quería xogar con el.
Ademais nin os gatos nin os osos nin os patos ían ás súas festas e el xa non sabía que facer. Organizaba festas para ver se se animaban pero... nada! O resto de animais non ían e el cada vez estaba máis triste.
Aínda así non se daba por vencido e non deixaba de intentalo organizando festas en diferentes lugares: nunha illa, no alto dunha árbore, dentro dunha cova...
Ata que finalmente un día paseando atopounos a todos xogando nun prado e os demais cando o viron empezaron a mover os brazos en sinal de benvida para que fose a pasar un rato con eles. Ese día pasárono moi ben e Pocosmimos non volveu a sentirse só.
Pero entón que pasaba? Pois que como a maioría das veces, os problemas derivaban de malentendidos: os gatos non foran á festa da illa porque lle tiñan medo a auga, os patos non puideron ir á festa do alto da árbore porque non sabían chegar arriba, os osos non entraban na pequena cova e os paxaros non xogaron ao escondite porque Pocosmimos estaba tan ben escondido que non o atoparon.
Se queredes escoitar todo o conto podedes facelo no seguinte podcast:
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS POR VIR A CONTARNOS ESTE CONTO!!
Esperemos que con el aprenderamos a importancia de falar e resolver os conflitos a través do diálogo e tamén a ser un pouco como Pocosmimos que nunca se deu por vencido.
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Leonor (17-03-2023)
Nas familias contan de hoxe as protagonistas foron Leonor e a súa nai Cristina que nos viñeron a ler o libro O incrible neno devorador de libros de Oliver Jeffers.
O bo que tiña comer libros era que cada vez Henry se ía facendo máis listo, incluso máis listo que a súa profe! Ata que de tanto comer empezaron a enredárselle os coñecementos e as palabras... vaia lío!
Finalmente, como xa non podía comer máis libros, decidiuse a lelos e así os demais tamén podían disfrutar deles.
Pero credes que se poderá resistir ás saborosas palabras e ás apetitosas páxinas dos libros?
Se queredes sabelo, podedes escoitar o libro no seguinte podcast.
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Manuel Vázquez (10-03-2023)
Hoxe foi día de As familias contan polo que recibimos na biblioteca a Noelia, nai de Manuel Vázquez, que se quixo sumar a esta actividade.
Eles escolleron para contarnos o relato "El conejito de terciopelo" (adaptación de Margery Williams) do libro Cuentos fantásticos para dormir, que según nos contaron é un libro especial para Manuel porque llo regalaron cando naceu e aínda o segue lendo.
Este relato conta a historia dun coello de peluche que só desexaba unha cousa: SER REAL!
Pero que é ser real para un xoguete??
Segundo o cabalo balancín, ser real é algo que ocorre cando un neno quere durante moito, moito tempo a un xoguete non só para xogar senón porque o quere de verdade.
Pero o neno ao que llo regalan abúrrese pronto del e o coello queda olvidado no armario dos xoguetes ata que un día a nai do neno non atopa o oso de peluche co que normalmente dorme e dálle o coelliño para esa noite.
A partir dese momento o coello faise importante para o neno polo que o coello é moi feliz; de feito, vólvese tan importante para o neno que acaba conseguindo o que máis quería: deixar de ser un xoguete e volverse REAL!!
Se queredes escoitar este conto, podedes facelo no seguinte podcast que nos deixaron gravado Noelia e Manuel.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS POR CONTARNOS ESTE CONTO TAN TENRO!!
PODEDES VOLVER CANDO QUEIRADES!!
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Lola (07/02/2023)
Hoxe estivemos de estrea na actividade As familias contan xa que era a primeira vez que viña a contar Yolanda, a nai de Lola.
O libro que escolleron foiEl día que mamá perdió la paciencia de Belén Gopegui. que como ben di o título é a historia dunha nena chamada Mariú que ten que buscar a paciencia que perdeu a súa nai.
O problema é que Mariú non sabe por onde empezar a buscar xa que a paciencia é algo que non se ve nin se toca, como se sabe a onde van as cousas invisibles que se perden?
Se queredes escoitar un fragmento deste libro tan didáctico podedes facelo no seguinte podcast onde tamén escoitaredes unha pequena reflexión que as nosas protagonistas fixeron en Radiuvín
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS POR TRAERNOS ESTA LECTURA,
FOI UN PRACER ESCOITARVOS.
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Estrela (27 - 01 - 2023)
Hoxe, na actividade As familias contan recibimos na biblioteca a Paula, a nai de Estrela. Entre as dúas léronnos o libro Lobo Feroz de Patacrua (Ed. OQO) baseado nun conto popular ruso.
Escoitándoas soubemos que o protagonista desta historia era un lobo tan preguiceiro que por non esforzarse non comía nada máis que papas de arroz!
Ata que un día, cando xa estaba moi fraco, decidiu empezar a cazar e converterse nun lobo feroz; pero... que credes que pasaría?
Se queredes saber como acaba o conto do lobo que quería ser feroz, podedes escoitar moi atentos o seguinte podcast no que Paula e Estrela comparten o libro con todos vós a través de Radiuvín.
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS POR VIR A CONTARNOS ESTA HISTORIA TAN ENTRETIDA SOBRE A PREGUIZA E O ESFORZO!!
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carla Martínez (301/06/2022)
Hoxe tivemos por primeira vez na biblioteca a Guadalupe Pardo, nai de Carla Martínez. Aínda que ela xa participara na actividade As familias contan desde a casa por culpa da pandemia.
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada e Teo (31/05/2022)
Nunha nova sesión da actividade As familias contan tivemos no centro a Antía López Maldonado, nai de Ada e Teo, acompañados pola pequena Sía.
Antía fixo un contacontos dobre xa que contou primerio para xs compañeirxs de Ada e despois para xs de Teo.
Ada e Antía leron para a clase de 3º e 4º de Primaria o libro Tragapalabras de Cristina Oleby que é a historia dunha nena á que lle encantan os alimentos: comelos, clasificalos, preparalos... pero o que máis comía ao longo do día eran palabras.
Comía as palabras que pensaba que era mellor non dicir porque podían causarlle un problema a alguén, ata que un día xa non puido tragar máis palabras e empezou a dicir todo aquilo que non dixera.
Un libro moi bonito que nos fala sobre a dificultade que poden ter os nenos e as nenas para expresar as súas emocións e xestionar os sentimentos.
Despois Teo e Antía, leron para as aulas de Ed. Infantil o libro Color Carne de Desirée Bela-Lobedde que é un libro co que reflexionaremos sobre a tolerancia e o racismo derivado da cor da pel.
O primeiro día de cole, todas as cores están moi contentas porque poderán saír da caixa para darlle cor aos debuxos dos nenos e das nenas: amarelo para o sol, azul para o mar e o ceo... e como a primeira tarefa que lles manda a profe e debuxar ás súas familias a cor carne, está contenta porque todos a utilizarán.
Pero o tempo vai pasando e ninguén utiliza a cor carne. Pintan de marrón oscuro, marrón claro, amarelo... e por fin alguén colle tamén a cor carne.
Unha historia para aprender que existen moitos tonos de pel como existen moitos tonos de verde para as árbores; todos somos iguais aínda que todos sexamos diferentes!
Para escoitar estes contos, podedes acceder aos podcasts que gravaron na radio antes de marchar!
![RSS - As familias contan Distribuir contido](/centros/ceipvirxedocarmesober/misc/feed.png)