Noticias do sitio

CURSO 2020/2021. FUNCIONAMENTO DA AULA VIRTUAL.

CURSO 2020/2021. FUNCIONAMENTO DA AULA VIRTUAL.

por admin admin -
Número de respostas: 0

Para poder acceder aos contidos dos cursos é necesario acceder con dous códigos: o usuario e a contrasinal

Ditos códigos (persoais e intransferibles) serán novamente proporcionados para o curso escolar 2020/2021, pola dirección do centro ás familias (non serven os do curso pasado).

Para garantir a seguridade é aconsellable non modificar ditos datos nos seus perfís.

Os usuarios atoparán os cursos nas subcategorías creadas dentro de cada categoría. Normalmente só poderán acceder a aqueles cursos nos que estean previamente matriculados.


Así dentro da categoría EDUCACIÓN INFANTIL, estarán as seguintes subcategorías:

  • Titoría mixta: Propostas, actividades e recursos de carácter global, clasificadas por niveis e por contidos (cursos), polo mestre titor especialista en Educación Infantil.
  • Psicomotricidade: Propostas, actividades e recursos de psicomotricidade polo mestre especialista en Educación Física.
  • Música: Propostas, actividades e recursos de expresión musical e artística pola mestra especialista en Educación Musical.
  • Inglés/Plurinfantil: Propostas, actividades e recursos clasificadas por niveis ou contidos (cursos) de lingua inglesa e plástica en lingua inglesa, pola mestra especialista en Lingua Inglesa.
  • Relixión: Propostas, actividades e recursos de relixión pola mestra especialista en Educación relixiosa.
  • Alternativa: Propostas, actividades e recursos educativos alternativos á relixión, pola mestra da materia/sesión de Alternativa.
  • P.E.L.O.: Propostas, actividades e recursos de apoio e reforzo á estimulación lingüística e oral, polo mestre especialista en Audición e  Linguaxe.
Por outra banda, dentro da categoría de EDUCACIÓN PRIMARIA, atopamos as seguintes subcategorías:
  • TITORÍA MIXTA DE 1º+2º+3º DE PRIMARIA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos ás materias de Lingua Castelá, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Lingua Galega, que aplicarán a mestra-titora do grupo-aula e a mestra de apoio.
  • TITORÍA MIXTA DE 4º+5º+6º DE PRIMARIA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos ás materias de Lingua Castelá, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Lingua Galega, que aplicarán o mestre-titor do grupo-aula e a mestra/e de apoio. (O alumnado de 5º e 6º traballará ademais, a través de Eva-Abalar).
  • EDUCACIÓN FÍSICA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Educación Física, que aplicará o mestre especialista EF.
  • MÚSICA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materias de Expresión Musical, que aplicará a mestra especialista EM.
  • INGLÉS.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Lingua Estranxeira: Inglés, que aplicará a mestra especialista LI.
  • PLÁSTICA/PLURILINGÜISMO.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Expresión Plástica integrada no programa plurilingüe e sección bilingües, que aplicará a mestra especialista LI.
  • RELIXIÓN.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Educación Relixiosa Católica, que aplicará a mestra especialista ER.
  • VALORES.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Educación en Valores Cívicos e Sociais que aplicará a mestra que a imparte.
  • INFORMÁTICA/DIGICRAFT.-Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia optativa do centro de Informática: programa DIGICRAFT que aplicará o mestre que a imparte.
  • AUDICIÓN E LINGUAXE.- Seguimento, propostas, actividades e recursos para o alumnado que precisa de apoio e reforzo educativo, que aplicará o mestre especialista en AL.
  • PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos para o alumnado que precisa de apoio e reforzo educativo, que aplicará o mestre especialista en PT.
Outra categoría é a do  DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: na que a xefa do departamento aplicará seguimento, propostas, actividades e recursos para as familias e o alumnado en xeral, e en especial para o ANEAE.

O profesorado tamén poderá acceder á categoría de FORMACIÓN PROFESORADO para o desenvolvemento daqueles cursos PFPP en rede, planificados na formación do propio centro.