Saltar navegación

1. EXPLICACIÓN DA ACTIVIDADE

Contexto

  • CENTRO: CEIP Francisco Vales Villamarín.
  • ETAPA: Educación Primaria.
  • CURSO: Todos (de 1º a 6º).
  • ALUMNADO: 672.
  • LUGAR: Biblioteca.
  • TEMPORALIZACIÓN: Unha sesión.

Xustificación

VINCULACIÓN COA VIDA REAL:

  • Desplazarse con autonomía e facer un bo uso das instalacións do centro eduativo.

VINCULACIÓN COS INTERESES DO ALUMNADO:

  • Os contos.
  • Os xogos de pistas.

VINCULACIÓN COS ODS:

  • Obxectivo 4. Educación de calidade

CONTRIBUCIÓN AO PERFIL DE SAÍDA:

  • Entender os conflitos como elementos connaturais á vida en sociedade que deben resolverse de maneira pacífica.
  • Analizar de maneira crítica e aproveitar as oportunidades de todo tipo que ofrece a sociedade actual, en particular, as da cultura na era dixital, avaliando os seus beneficios e riscos e facendo un uso ético e responsable que contribúa á mellora da calidade de vida persoal e colectiva.
  • Cooperar e convivir en sociedades abertas e cambiantes, valorando a diversidade persoal e cultural como fonte de riqueza e interesándose por outras linguas e culturas.
  • Sentirse parte dun proxecto colectivo, tanto no ámbito local como no global, desenvolvendo empatía e xenerosidade.

Descrición

Nesta actividade de motivación o alumnado aprenderá a desprazarse  pola biblioteca descubrindo o tema principal do PDI do centro a través dunha dinámica de xogo e do traballo en equipo para desenvolver a súa autonomía e crear a motiviación necesaria para facer as diferentes situacións de aprendizaxe que desenvolverán o noso PDI.

Metodoloxía

  • Traballo en equipo.
  • Aprendizaxe baseada en xogos.

Tarefa - Reto - Produto

A través das pistas que Leo lles deixou o alumnado deberá descubrir cal é o contro tradicional que deberá protexer ao longo de todo o curso.

Avaliación

TÉCNICAS DE AVALIACIÓN:

  • Observación directa.
  • Análise do desempeño.

INSTRUMENTOS E FERRAMENTAS DE AVALIACIÓN:

  • Guía de observación

TIPOS DE AVALIACIÓN:

  • Heteroavaliación.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)