Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega
O QUE O CARCAMÁN DI
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o equipo de dinamización da lingua galega en colaboración co resto de profesorado e alumnado de todo o colexio, elaborou o seguinte dicionario, no que aparecen palabras e expresións propias desta zona.
O alumnado de 4º fixo ademais este vídeo sobre Rosalía de Castro.
Concerto de Pauliña
Co gallo da Semana das Letras Galegas, mañá sairemos ao auditorio do Concello para cantar e bailar con Pauliña!