Normas funcionamento

NORMAS PARA A CONVIVENCIA DO CENTRO

1) Durante o horario escolar, non se permitirá a saída do recinto a ningún alumno/a desde que chegue o transporte escolar.

(En caso de necesidade, solicitarase o permiso en Secretaría cubrindo un xustificante por parte dos pais/titores/persoa autorizada).

2) É importante ser puntuais nas entradas e respectar os horarios para un mellor funcionamento do centro.

3) É necesario xustificar as faltas de asistencia do alumnado por escrito. No caso de que as faltas sexan previsibles, agradeceríamos o aviso anticipado.

4) Comunicarase, coa maior brevidade posible, calquera cambio nos datos do alumnado.

5) Durante as horas lectivas non está permitido o acceso ao recinto escolar a persoas alleas ao centro. Non se permite aos pais a subida ás aulas.

6) Pola tarde, de 16h a 19h, só se pode entrar no recinto para asistir ás actividades extraescolares.

7) É obriga do alumnado coidar as instalacións e o material do centro usándoas de forma correcta.

8) Está prohibido o uso do teléfono móbil dentro do recinto escolar.

 

Powered by Drupal - Design by artinet