Skip to Content

FONDO LIBROS

 

FONDO LIBROS - CURSO 2024-25

 

No DOG do día 20 de maio de 2024 pulblícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/25.

Destinatarios:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º de Educación Primaria durante o curso 2024-25.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria durante o curso 2024-25.

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria durante o curso 2024-25.

A instancia é a mesma para todos os cursos. Lembramos que só se presenta unha instancia por familia se non se fai por vía telemática.

Prazo: 

prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte hábil ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

Presentación: 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible:

- Na  aplicación informática Fondolibros.

- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

- Formularios de presentación Anexo I e II e Anexo II (No anexo II deberán aparecer todos os membros da unidade familiar menos a persoa solicitante que xa asina no anexo I. Polos menores asinan os proxenitores. Se non caben todos os membros no anexo II, presentaranse tantos anexos como sexan precisos debidamente asinados).

De non ser posible a presentación telemática, poderanse presentar no centro con cita previa, en horario de secretaria.

Toda a documentación terá que vir asinada e coas fotocopias necesarias (no centro non se farán fotocopias). Terán que traer os orixinais para o seu cotexo.

 

Documentación necesaria

 

Data listaxes provisionais: Antes do 5 de xullo. 

 

HORARIO DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA, telf:  981202120 de 09:00 a 14:00

O VENRES 21 DE XUÑO, NON SE ATENDERÁN CITAS PRESENCIAIS DEBIDO Ó FESTIVAL DE FIN DE CURSO. 


 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2023-2024

 

 

 


 

 

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS CURSO 2023-24

 

 

 

 

FONDO LIBROS - CURSO 2023-24

 

No DOGA do 19 de maio de 2023 publicouse a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

 

DESTINATARIOS/AS: 

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP durante o curso 2023-24.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial durante o curso 2023-24.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP durante o curso 2022-23

IMPORTANTE: O alumnado de 5º e 6º de EP non poderá optar á axuda de Fondo Libros,  soamente a de material por estar dentro do programa E-Dixgal.

 

PRAZO: 

O prazo para presentar solicitudes é do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.  

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible:

- Na aplicación informática Fondolibros.

- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Formularios de presentación Anexo l y Anexo II

De non ser posible a presentación telemática, poderanse presentar no centro con cita previa, en horario de secretaria.

Toda a documentación terá que vir asinada e coas fotocopias necesarias (no centro non se farán fotocopias). Terán que traer os orixinais para o seu cotexo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

  •  Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

  • Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude.  

  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero

  • Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores. 

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

DATAS DAS LISTAXES: 

- Listaxes provisionais: Ata o 12 de xullo. 

- Listaxes definitivas: Ata o 26 de xullo. 

 

TELÉFONO PARA CITA PREVIA EN SECRETARÍA: 981202120

 

 

 


 

 FONDO LIBROS - LISTAXES PROVISIONAIS

CURSO 2022-2023

 

As LISTAXES PROVISIONAIS de admitid@s e excluíd@s do Fondo de libros poderán consultarse dende hoxe, mércores 29 de xuño, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital, ou no taboleiro do centro. Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos.

O prazo de reclamación a estas listaxes abrangue os 2 días, hábiles, seguintes á publicación.

As LISTAXES DEFINITIVAS  serán publicadas o luns 4 de xullo. A súa consulta será igual que nas listaxes provisionais.

A entrega @s beneficiari@s dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material será os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 9:00 a 10:00h e de 13:00 a 14:00h (non hai que pedir cita) e durante a primeira semana de setembro.  

No caso de non poder asistir os titores legais á recollida do vale, poderán autorizar a outra persoa que terá que traer a autorización e a copia do DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada

ENTREGA DOS LIBROS correspondentes ao fondo farase en SETEMBRO, nos primeiros días de clase.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 



page | by Dr. Radut