Servizos, Transporte, Comedor

PIZZEIR@S POR UN CHISCO!!!!

Cando se trata de axudar no cole de Soutelo nin o dubidamos...

Nesta ocasión o alumnado do primeiro ciclo foi a botarlle unha man a Rubén para preparar a masa das pizzas que logo xantamos.

Bo traballo!!! Estaban deliciosas!!!Ñan, ñan, ñan

FOTOS

XORNADAS GASTRONÓMICAS

 

Hoxe tiveron lugar unhas xornadas gastronómicas internacionais no noso cole en coordinación co cole de Cerdedo.

Foron Rubén e Damián, os nosos cheffs, os encargados de adaptar o menú internacional italiano á nosa gastronomía autóctona.

Estaba todo delicioso!!!!Moitas gracias!!!!!

FOTOS

 

APRENDENDO A FACER TARTA IMPERIAL

 

Hoxe foi a ocasión perfecta para aprender do noso cociñeiro Rubén a elaborar a Tarta Imperial.

O alumnado de 5º e 6º, acompañado da profe Puri, estivo axudándolle a preparar a sobremesa para todos/as.

Ollade as fotos na galería

 

MENÚS DO PRIMEIRO TRIMESTRE 2016

No documento adxunto podedes acceder ós menús do primeiro trimestre. 

Distribuir contido