ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

Comezo do proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025.

Instrucións:

Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.

Forma de presentación das solicitudes:

·         A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

·         Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

·         Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

Enlaces de interese:

·  Admisión alumnado

   Sede electrónica

·  Modelo solicitude ED550B (galego)

·  Modelo solicitude ED550B (castelán)

Documentación a presentar coa solicitude:

       Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).

·         No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.

·         No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.

·         No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai do/a alumno/a.

Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril 

Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio 

Formalización de matrícula: do 20 de xuño ao 1 de xullo.

PLAN DIRECTOR: CHARLA DA GARDA CIVIL

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE ESTA ACTIVIDADE

CHARLAS-TALLER SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN:

CHARLA SOBRE A SENDA LITORAL GALEGA

PREMEDE NA IMAXE PARA VER TODA A INFORMACIÓN

Distribuir contido