Dependencias
AS DEPENDENCIAS DO CENTRO
Enviado por Anónimo o Xov, 11/24/2011 - 19:12Primeiramente sobre o edifico sinalar que consta de dúas plantas, das que a inferior ten -á súa vez- dous niveis separados por unha rampa.
_ A planta baixa está formada no seu nivel superior polos seguintes elementos:
- Entrada principal
- Conserxería
- Vitrina de trofeos do deporte escolar
- Ximnasio (que fai as veces de salón de actos e escenario nas distintas representacións que se levan a cabo)
- Almacén de material deportivo e de limpeza.
- Cinco aulas: Educación infantil (3,4,5 anos), 1º ciclo ( 1º e 2º), aula de relixión, de lingua inglesa e aula de apoio (PT e AL)
- Aseos do alumnado
No nivel inferior da planta baixa atopamos:
- Biblioteca
- Aula de música
- Sala de audiovisuais
- Aseos do alumnado
- Comedor
- Cociña
_ No piso superior atópanse os seguintes elementos:
- Sala do profesorado
- Aula de informática
- Aula de 3º e 4º de Educación Primaria
- Aula de 5º e 6º de Educación Primaria
- Dirección e Secretaría
- Aseos do profesorado
- Sala da fotocopiadora
Ademais dos patios descubertos adosados a cada aula do nivel inferior, existe un patio principal moi grande, cunha pista de minibasquet e outra deportiva, descubertas ámbalas dúas.
Tamén contamos con amplas zonas axardinadas.
Enlace á galería de fotos para ver os destintos recunchos do noso centro.
