Complementarias
ENTROIDO 2020
Xa chegou o gran día. Hoxe no colexio estamos todos moi diferentes... non sei que pasa que non coñezo a ninguén!!!
Se vos tamén tedes curiosidade, podedes vernos a partir das 12:00 no tradicional desfile polas rúas de Soutelo. Remataremos na praza do Gaiteiro, onde a Anpa nos convidará a un delicioso chocolate quentiño.
Este ano a temática dos disfraces está relacionada coa arte conceptual. Estamos a traballar as emocións a través da obra do artista Sol Lewitt. Aquí tedes a pancarta de presentación do desfile.
ESPERÁMOSVOS!!!
Xa rematou o Entroido!! Que ben o pasamos!!
A climatoloxía foi ideal, desfilamos polo pobo acompañados das familias e veciños.
Chegamos á plaza do Gaiteiro e alí tomamos un chocolate quentiño para repoñer forzas. Moitas grazas a Anpa Meixoeiro por convidarnos e logo... FESTA RACHADA!!!
Bailaron todos e todas: nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais...
Moitas grazas ao profe Manuel por acompañarnos estes últimos meses e axudar a facer este Entroido un pouco máis especial. Aproveitando que era o seu último día no noso centro desexámoslle moita sorte. De seguro que non te esqueceremos!!!
Podedes comprobar o divertido que foi este día no seguinte vídeo:
DÍA DA PAZ 2020
Este curso, como estamos a traballar as emocións, que mellor oportunidade que expresar as nosas emocións sobre a Paz a través da arte.
Para iso, cada aula deseñou unha obra pictórica sobre a Paz, relacionouna cunha obra musical e con outra literaria(algunhas delas incluso as crearon os propios alumnos) e o traballo final presentámolo dun xeito moi orixinal: EN CAIXAS.
Para rematar unimos as emocións das catro aulas cunha corda.
Mirade que obra de arte!!!!
AQUÍ TEDES UN AUDIO ONDE O ALUMNADO DE 1º E 2º DE pRIMARIA RECITA UN FERMOSO POEMA:
Aquí vos deixamos un vídeo con máis fotos, cancións, coreografías e poemas do noso alumnado.
MAGOSTO 2019
Este curso, ante o éxito que tivo no magosto pasado o xogo de léxico: BOOMM!!! , decidimos ampliar as preguntas e facer o xogo interactivo para que así ademais de xogar todos e todas xuntos no colexio poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.
Aquí o tedes:
NADAL 2019
Xa estamos nunha das datas máis añoradas no noso centro. Un ano máis, pensamos, decidimos, decoramos, ensaiamos, disfrazámonos e aquí está o resultado. Moitas grazas ás familias por asistir ao festival un ano máis, e compartir así unha xornada tan especial; e grazas tamén a ANPA por colaborar neste día xa que invitou ao noso centro, nada máis e nada menos, que a...
...PAPÁ NOEL !!!
FESTIVAL DE NADAL 2019
FOTOS DO FESTIVAL
OBRA DE TEATRO DO ALUMNADO DE 5º/6º DE PRIMARIA:
"IR Á ESCOLA NON AMOLA"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »