ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24
ADMISIÓN ALUMNADO
CURSO 2023/2024
Comezo do proceso de admisión de alumnado (do 1 ao 20 de marzo) para o vindeiro curso 2023/2024.
Instrucións:
Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.
Forma de presentación das solicitudes:
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
Enlaces de interese:
Modelo solicitude ED550B (galego)
Modelo solicitude ED550B (castelán)
Documentación a presentar coa solicitude:
Anexo II + Anexo II bis (DOGA, nº 212, 8 de novembro de 2022 ).
Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).
No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.
De ser o caso:
Documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.
Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril
Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio
Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.