Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Forma de presentación de solicitudes:
- Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (prema aquí)
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (prema aquí)
- Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Máis información:
XOGADE 2024: CAMPO LAMEIRO/SOUTELO
O xoves día 2 de maio, desprazámonos a Campo Lameiro para realizar a última competición deste curso dentro do programa "Xogade".
Desfrutamos dunha xornada de convivencia e competición deportiva en tres modalidades (balonmán, fútbol e balonkorf) xunto co CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro.
Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día no que queremos felicitar ao alumnado dos dous centros polo seu esforzo, ilusión e deportividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »