CLAUSURA DA ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR DO CURSO 2022 - 2023
Este venres 2 de xuño levouse a a cabo a clausura da actividade deportiva escolar formando parte do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).
A clausura tivo lugar no circuito de karting de A Madalena, en Forcarei. Alí desprazáronse os centros escolares que participaron nas múltiples actividades ao longo do curso.
A xornada comezou coa entrega de medallas individuais e posteriormente levouse a cabo a entrega de trofeos por cursos. Máis tarde subiron ao podio aqueles alumnos e alumnas clasificados en primero, segundo e terceiro lugar de cada actividade.
Para rematar a xornada desfrutamos dunha actividade de baile e posterior merenda saudable.
Grazas a todas e todos pola vosa participación!!!
BAILE TRADICIONAL POLAS LETRAS GALEGAS.
Coincidindo coa celebración das Letras Galegas levouse a cabo, dende a área de educación física, a aprendizaxe dun baile galego. Neste caso a canción que interpretaron é a muiñeira de Chantada.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!
CHARLA DA GARDA CIVIL
A semana pasada a Garda Civil visitou a nosa clase de 5º e 6º de primaria para falarnos de que é o acoso escolar, como detectalo e como solucionalo. Faláronnos tamén dos riscos de internet e do ciber acoso. Mostráronnos vídeos moi interesantes para que estemos alerta, nos protexamos uns aos outros e melloremos a convivencia escolar seguindo tres normas básicas de IGUALDADE, RESPECTO E EMPATÍA.
LETRAS GALEGAS: 17 de maio do 2023
on motivo da celebración das Letras Galegas, coñecimos a vida e obra do autor homenaxeado este ano 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Nesta tarefa o alumnado para coñecer a este autor tivo que convérterse en artista e deseñar unha caricatura, logo coas dúas premiadas confeccionamos marcapáxinas que repartimos polo pobo. Os máis maiores do centro tiveron que programar e traballar coa robótica para acceder a diversa información sobre a vida e obra do autor.
Temos que agradecer a Francisco Fernández del Riego todo o amor e traballo que realizou en prol de Galicia.
AQUÍ VAI A NOSA HUMILDE HOMENAXE
<
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »