DÍA DA PAZ

 

O pasado 31 de xaneiro tivemos unha xornada especial para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Durante os días anteriores hai que decir que tamén se estivo traballando sobre o tema. Algúns dos traballos que se fixeron quedaron plasmados en murais:

Tamén fixemos uns fermosos bonecos con bonitos mensaxes que colocamos polos corredores:

Pola tarde estivemos na biblioteca. Os compañeiros e compañeiras de 6º  leron o noso manifesto pola Paz e despois, o alumnado de 5º recitou uns fermosos poemas.

Tamén estivemos cantando, vendo un fermoso vídeo dos compañeiros de outro colexio e estivemos moi atentos ao conto: Por cuatro esquinitas de nada.

 

Podedes ver outras fotos na galería

 

CROSS

Despois de aguantar como campeóns e campeonas no día que participastes na actividade de CROSS, os resultados foron excelentes asi que, moitísimos PARABÉNS...

No documento adxunto podedes ver a táboa coas clasificacións.

Aqui vos deixamos un enlace para que vexades algunhas fotos do día:

 

Enlace á galería

SAÍDA DO 2º CICLO: SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA

O vindeiro día 31 terá unha saída didáctica o alumnado do 2º ciclo.

Nesta ocasión para disfrutar do espectáculo SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA.

                                                           

 

O grupo gaiteiros do Xistra presentarán a Sandra que logo de ter axudado a Xurxo, na percura do tesouro, empezará unha nova aventura por terras de Xistralia, un país situado entre o sur de Galicia e o Alto Minho portugués. FOTOS

 

 

DEPORTE ESCOLAR

Chegou o día...parece que mañá o tempo vai acompañar asi que só queda que veñades cargados de ilusión e forza para participar na actividade de CROSS.

 

MOITÍSIMO ÁNIMO RAPACES!!!!!

Distribuir contido