II CONCURSO DE CARTEIS ORGANIZADO POLA COMISIÓN DE FESTAS DE CACHAFEIRO

Este ano participamos no II Concurso de Carteis organizado pola Comisión de Festas  do Cachafeiro - Freixeira.

O debuxo gañador será portada do libro da Comisión de Festas deste ano.

Concederon 3 distincións e no noso centro recaeu o 3º premio. PARABÉNS a Martina Couceiro Constenla polo seu debuxo.

Deixámosvos un enlace onde podedes ver os tres traballos gañadores e os seus diplomas.

Lembramos que todos os debuxos serán expostos polas árbores da carballeira o día 1 de xullo. 

https://www.instagram.com/p/CtHGkBLN96x/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==