DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 DE FEBREIRO)

Con motivo do día de Rosalía de Castro levouse a cabo a creación dun mural seguindo o movemento artístico:"pop art". Neste mural tamén se expuxeron diferentes pistas sobre Rosalía que serviron para respostar a moitas das preguntas feitas nun pasapalabra. Ademais, dende cada aula, investigouse sobre a biografía de Rosalía e fixéronse múltiples actividades e xogos.