Complementarias

ENTROIDO 2020

Xa chegou o gran día. Hoxe no colexio estamos todos moi diferentes... non sei que pasa que non coñezo a ninguén!!!

Se vos tamén tedes curiosidade, podedes vernos a partir das 12:00 no tradicional desfile polas rúas de  Soutelo. Remataremos na praza do Gaiteiro, onde a Anpa nos convidará a un delicioso chocolate quentiño.

 

Este ano a temática dos disfraces está relacionada coa arte conceptual. Estamos a traballar as emocións a través da obra do artista Sol Lewitt. Aquí tedes a pancarta de presentación do desfile.

ESPERÁMOSVOS!!!

 


 

Xa rematou o Entroido!! Que ben o pasamos!!

 

A climatoloxía foi ideal, desfilamos polo pobo acompañados das familias e veciños.

Chegamos á plaza do Gaiteiro e alí tomamos un chocolate quentiño para repoñer forzas. Moitas grazas a Anpa Meixoeiro por convidarnos e logo... FESTA RACHADA!!!

Bailaron todos e todas: nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais...

Moitas grazas ao profe Manuel por acompañarnos estes últimos meses e axudar a facer este Entroido un pouco máis especial.  Aproveitando que  era o seu último día no noso centro  desexámoslle moita sorte. De seguro que non te esqueceremos!!!

Podedes comprobar o divertido que foi este día no seguinte vídeo:

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2020

Este curso, como estamos a traballar as emocións, que mellor oportunidade que expresar as nosas emocións sobre  a Paz a través da arte.

Para iso, cada aula deseñou unha obra pictórica sobre a Paz, relacionouna cunha obra musical e con outra literaria(algunhas delas incluso as crearon os propios alumnos) e o traballo final presentámolo dun xeito moi orixinal: EN CAIXAS.

Para rematar unimos as emocións das catro aulas cunha corda.

Mirade que obra de arte!!!!

 

 

 

 



AQUÍ TEDES UN AUDIO ONDE O ALUMNADO DE 1º E 2º DE pRIMARIA RECITA UN FERMOSO POEMA:

 
 

 

 

Aquí vos deixamos un vídeo con máis fotos, cancións, coreografías e poemas do noso alumnado.

MAGOSTO 2019

Este curso, ante o éxito que tivo no magosto pasado o xogo de léxico: BOOMM!!! , decidimos ampliar as preguntas e facer o xogo interactivo para que así ademais de xogar todos e todas xuntos no colexio poidades xogar na vosa casa coas vosas familias.

Aquí o tedes: 

 

 

NADAL 2019

Xa estamos nunha das datas máis añoradas no noso centro.  Un ano máis, pensamos, decidimos, decoramos, ensaiamos, disfrazámonos e aquí está o resultado. Moitas grazas ás familias por asistir ao festival un ano máis, e compartir así unha xornada tan especial; e grazas tamén  a ANPA por colaborar neste día xa que invitou ao noso centro, nada máis e nada menos, que a...

...PAPÁ NOEL !!!

 

FESTIVAL DE NADAL 2019

 

FOTOS DO FESTIVAL

 

 
 
VIDEO DAS ACTUACIÓNS MUSICAIS
 

 

OBRA DE TEATRO DO ALUMNADO DE 5º/6º DE  PRIMARIA:

"IR Á ESCOLA NON AMOLA"

Distribuir contido